lunes, 17 de diciembre de 2012

Belén nas cumbres


Os máis valentes acudiron á cita é foron moitos, sen medo á chuvia e ao vento, para compartir un día de celebración.
A saída non foi por onde se pensaba ata Pontearnelas, era imposible, estaba todo anegado pero deu para chegar pola "Ruta da auga e da pedra" ata primeira zona de descanso, a aldea de pedra onde "unha man inocente" deixou o noso Belén, que tal vez nos protexa aos Cen Pés en tantos camiños andados e por andar...

 Bos desexos e gañas de compartir e celebrar cos amigos cos que acudiron e os ausentes pese a todos os atrancos e á chuvia.....e que bonito estaba o río coa forza de tanta auga!!!!

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Belén nas cumbres

O próximo domingo 16 de decembro celebraremos a última saída do ano, reuniremosnos na igrexa parroquial de Vilagarcía para distribuirnos en coches particulares e sair ás 9.30 h.
A ruta será desde a rotonda de Ribadumia ata a ponte de Pontearnelas e regresar, colocaremos  o Belén e celebraremolo con sidra, turrón e dulces que corren de balde do fondo de Cen Pés.
Percorrido: 9 kms ida e volta.
Dificultade: fácil
Despois da ruta haberá comida que sí hai que pagar 15euros por persoa para os que queira ir, poden participar nela senderistas e acompañantes.
Pódese ir a ruta e non a comida e viceversa, ou ir a todo.
Os senderista co desexen poden levar o gorro de Nadal coma todos os anos anteriores.
Rogamos que os que vaian a comida, se apunten canto antes para organizar mellor.

sábado, 24 de noviembre de 2012

Ponteareas:Ruta do Xabriña


Unha ruta estupenda para un domingo perfecto.
Como prometía  esta ruta circular está chea de riqueza  onde o río deixa a súa pegada na natureza, os muíños, as pontes e pontellas, os camiños e congostras, as aldeas, igrexas e petos de ánimas.
Partimos desde a aldea de Covelo e xa ao iniciar a camiño atopamos un peto de ánimas antes de cruzar a aldea e adentrarnos no monte. Axiña chegamos a ribeira do río Xabriña, un afluente do Tea que é un río máis amplo e fondo; o Xabriña, en cambio, é como un irmán pequeno e xogetón que enreda entre as pedras, se estreita a maioría da veces e cae formando preciosas fervenzas que sorprende con tanta escuma, así é que este río non se sinte monótono, sempre aparecen  recunchos ou muíños que sucédense ao longo da senda, o que fai pensar que no pasado, non tan lonxe, a xente viviu este e deste río máis que hoxe en día.
Hai numerososo muíños ata uns trinta, cada un co se nome(Outeiro, Fundego, Rcoucón, etc..) case todos en estado ruinoso, agás un, ben reconstuido, e tamén  pontellas a máis bonita a das Tapadas e pontes coma o Folón..as fragas preciosas nesta época cun manto de follas, así pasamos unha e outra vez polas fragas de Chozas e a de Millariñas e terminamos volvendo a aldea da que partimos.

lunes, 19 de noviembre de 2012

Ponteareas: ruta do Xabriña

A próxima saída será a Ponteareas o 2 de decembro. Partiremos desde a igrexa parroquial de Vilagarcía ás 8.00 h.
A ruta é coñecida coma a do río Xabriña (PR-G 119), afluente do río Tea, convértese no verdadeiro protagonista desta ruta circular que parte da parroquia de Paraños e que visita lugares como Prado, Canda e Lamosa.
Ademais da exquisita vexetación atoparemos unha riqueza cultural e arquitectónica xa que pasaremos por aldeas, igrexas, pontes como a de Folón, pasos sobre a auga e gran cantidade de muíños.
Distancia: 13 kms. Punto de partida-chegada o concello de Covelo.
Dificultade: moderada.
Prezo: bus- comida 25 euros.

domingo, 18 de noviembre de 2012

Ortigueira

Esta ruta case totalmente costeira agás uns breves tramos de monte para pasar dunha praia a outra ou aldeas que atravesamos para avanzar e recorrer esta costa alta e espetacular.
Ao principio pensabamos partir desde Ladrido, máis preto de Sta Marta de Ortigueira, e rematar na praía de Eirón, pero  finalmente empezamos a saída desde o porto de Espasante, contemplando a súa preciosa praia da Concha dun kilometro de largo. Do porto pasamos a unha praia pequena e ben recollida chamada a dos Enamorados ou de Santa Cristina, e xa subindo por unhas escadas de madeira, poidemos disfrutar por primeira vez das vista  do mar e do cabo Ortegal e do pobo de Cariño case frente de nós. Camiñamos un pouco máis e pasamos pola aldea de San Antón que ten unha preciosa praía con todos os servizos. Atravesamos este precioso areal con grandes ondas e pasamos a praía de Eirón ou de Mazorgán que é coma unha réplica da anterior, só separadas por un breve montículo que costou baixar a máis de un. A partir de aquí pérdeseme a vista e a memoria entre aldeas con hórreos de pedra e tellados de pizarra, por praias espetaculares, enormes cheas de escuma onde morrían as ondas e os cantís que desafiaban o mar saíndo puntiagudos, salvaxes da auga. Sé que ao chegarmos cerca de Loiba contemplamos desde distintos miradores os impresionantes cantís e a forza do mar batendo unha e outra vez, quedan  na mente os nomes da praia do Carro e praia de Fábregas e punta Villardeira, por onde seguimos algúns, e bella praia do Esteiro co seu areal e seu río..A sensación que queda é  magnífica ...por un recorrido espetacular, porque espetacular é a Natureza.

jueves, 25 de octubre de 2012

Ortigueira

A próxima ruta será o domingo 11 de novembro a Ortigueira.
Saíremos ás 7.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Percorrido: 15 ou 16 kms.
Dificultade: fácil- moderada
Unha ruta lineal e costeira, que ten como punto de partida Ladrido( Sta. Marta de Ortigueira) ata a praia de Eirón.
O prezo é de 25 euros por bus e comida

martes, 9 de octubre de 2012

Ruta do Ulla

Completaremos con esta ruta outras dúas feitas entorno o Ulla.
Partiremos o domingo 14 de outubro ás 8.00 mañá desde o igrexa parroquial de Vilagarcía.
Distancia: 11 km.
Dificultade: fácil-media
Desde as proximidades de Ponte Basebe subiremos por unha marxe do río.
Prezo 25 euros que comprende autobus e comida.

lunes, 8 de octubre de 2012

Ponteceso: río Anllóns







Un río, o Anllón, e un percorrido preciosos.
Empezamos a saída desde Verdes(Coristanco), aldea na que nos deixou o autobús; mestras nos acercabamos ao muíños de Verdes, hoxe tamén área recreativa, un arco da vella esplendoroso  dounos a benvida.
O lugar, a zona de Verdes, realmente é ben bonito, un espazo marcado polo río, a pedra e o musgo, alí o noso guía, de Ponteceso, explicounos o valor do entorno e guiounos e axudounos durante todo o camiño ata a área recreativa de Garga, na que rematamos, desde aquí grazas.
Collemos camiño e marchamos pola marxe esquerda do Anllóns ata a ponte de Pontedona, concello de Pônteceso, na que cambiamos e xa fomos avanzando pola beria dereita. En case todo o traiecto destaca o fondoso do bosque da ribeira do río, que conserva non só o espazo, o río, senón tamén ese ambiente de recollemento; certo é que tamén hai noutras partes nas que a man do home aparece... nas plantacións de millo, nas minicentrais que obrigan ao baixar lento da auga, sorprendeu sobre todo a alfombra verde creada polas algas, pouco antes de chegar a minicentral de Corcoesto. Quizás por isto este río e tan cambiente, ás veces rápido outras lento e profundo..
Choveunos de forma intermitente ao largo do recorrido é fixo que o solo estivese máis perigoso. A ruta é  fácil, pero  require de maior mantemento, máis pasarelas sobre os regatos, amplirar algunhas sendas e restarlles inclinación, aínda así foi un percorrido fermoso, tranquilizador, que nos recorda que Galicia segue sendo a terra dos mil ríos, da auga...


miércoles, 12 de septiembre de 2012

Coristanco-Ponteceso

Comeza a nova tempada  e reanudamos a nosa actividade en CEN PÉS. 
Esta primeira ruta está programada para o domingo 23 de setembro a zona de Coristanco-Ponteceso, a hora de saída queda para as 7.30 desde a igrexa parroquial de Vilagarcía coma é habitual.
Dificultade: fácil.
Distancia: 13,50 km.
A ruta comezará en  Verdes, ata a área recreativa de A Garga. Camiñaremos pola ribeira do río Anllóns.
O importe da saída son 25 euros para pagar  o autobús e comida, pódese ingresar a partir de hoxe, mércores 12 de setembro na nosa conta  de NOVAGALICIA BANCO: 2080-5067-12-3040046001.
Se hai algunha dúbida recordamos os teléfonos:
 Manolo 625 55 66 35
 Paco     659 39 18 81

Aciveiro- Serra de Candán






Falar desta ruta despois de tanto tempo feita supón repasar e recordar o bonita e variada que foi.
Partimos desde o monasterio de Aciveiro nunha clara mañá de domingo no que celebrabase o Corpus Cristi, pola pista asfaltada que vai pola parte de atrás da igrexa para alcanzar o río Lérez, que amósabase estreito, realmente fermoso con tanta vexetación na súa ribeira, na que de cando en vez aparecía algunha pontella ou pasos para cruzar o río ou algún muíño, así é como cruzamos a ponte medieval  de Aldón.
Despois fomos subindo sen grandes esforzos pola serra do Candán dende onde contémplase unha preciosa paisaxe dos arredores; segundo íamos subindo o tempo foi estropeandose e cando chegamos arriba de todo, xunto aos aeroxeneradores, a chuvia non paraba e a maioría collemos unha inesperada molladura.
Pero camiñando sen parar non se sente frío e volvemos a baixar outra vez, tendo como referencia na distancia a silueta do mosteiro  e buscando novamente o río Lérez, atopamos co noso punto de partida: o tranquilo e ben conservado mosteiro de Aciveiro.

jueves, 28 de junio de 2012

Cea verán curso 2011-2012

CEN PÉS  celebrará unha cea de verán para finalizar a tempada 2011-2012 de senderismo.
A cea será o próximo sábado 7 de xullo ás 22.00 no Club de Mar no muelle de pasaxeiros.
O prezo por persoa é de 25 euros que pódense ingresar na nosa conta a partir de hoxe ata o mércores 4 inclusive.

jueves, 7 de junio de 2012

Aciveiro-Serra de Candán

O próximo domingo 17 de xuño teremos a última saída desta temporada. Será á serra do Candán no concello de Forcarei. Partiremos ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
A ruta é coñecida como PR-G 100 Sendeiro de Aciveiro- Candán. Unha ruta cuias característica son:
Distancia:15 km.
Percorrido: circular,o punto de partida e chegada será mosteiro de Aciveiro. 
Dificultade: baixa.
Prezo: 25euro/persoa
Iniciaremos a ruta xunto o mosteiro de Aciveiro para camiñar cara á aldea de Vilaverde. Atravésaremos  río Lérez,  rodeados de moitas especies arbóreas ata chegar, preto da Rochela, a unha antiga alvariza que dá testemuño da pasada presenza do oso nestas altas serras pontevedresas.

Logo, entre prados, matogueiras, brañas e pequenos bosques ascénderemos pola da Serra do Candán, espazo natural. A rota descende suavemente cara a Lamasgalán de Arriba, onde un primitivo camiño de carro dirixe o camiñante ata Lamasgalán de Abaixo.

Gozando das paisaxes e dos ecosistemas humanizados deste lugar, chégase ata a fermosa Ponte Vella de Andón, para logo percorrer as ribeiras do Lérez en busca do mosteiro. Casas, pontes, muíños e cruceiros de Forcarei son mostras do afamado traballo dos vellos canteiros destas terras.

Bierzo: Médulas



O domingo tras almorzar, marchamos cedo e con bo tempo hacia o pobo das Médulas. Iniciamos a ruta desde o aparcamento e aula arqueolóxica, seguimos pobo adiante, contemplando alguna peculiarieadade del, como a fonte da Resaca as  antigas construccións feitas de barro e madeira, algunhas casas ben reconstruidas, e máis adiante un souto cheo de vellos castiñeiros, que avanzan os que nos atoparemos nas Médulas. 
A medida que íamos camiñando pola senda perimetral, por un camiño amplo e cómodo, van quedando atrás o pobo de Las Médulas e ao lonxe a silueta desta antigas minas romanas.
Fomos  subindo pouco a pouco ata chegar ao mirador de Pedrices, desde onde contémplase os montes laranxa a dereita e diante o pobo, o val  e o lago o Sumido ao fondo...Seguimos avanzando rodeado das flores do camiño, brancas, lavanda e amapolas ...así damos co cruce para visitar as médulas de Yeres, que brillan baixo o sol intenso..volvemos ao camiño principal e continuamos hacia o campo de Braña unha extensión   verde onde descansar...seguimos e xa de lonxe vemos o espetacular mirador de Orellán, desde o cal apreciase todo o espléndor das Médulas e por un módico prezo pódese visitar as grutas, como fixeron algúns de nós. Logo collemos o desvío que baixa a souto de castiñeiros e carballos enormes e cada cal máis impresionantes coas súas formas e raíces, e ese precioso verde nesta época do ano. Pasamos diante da fonte de tía Viviana e adentrámonos no interior das Médulas, en plena senda coñecida coma "senda das Valiñas" despois de andar un rato contemplando o picos vermellos  detrás das árbores, chegamos ata a espetacular galería "A Cuevona", cunha amplitude e altura sorprendentes...un pouco máis adiante descubrimos a "Encantada", incluso máis impresionante coas súas galerías interiores e o seu pequeno mirador...unha marabilla que tivemos de deixar para voltar a Ponferrada ao hotel para xantar.
Logo de rematar a comida, iniciamos a viaxe de volta, atravesando a agradable Ponferrada co seu bonito castelo,  satisfechos por todo o visto e vivido. 

Bierzo: Noceda-Ruta das Fontes curativas


Inolvidable, marabillosa, inesperada, sorprendente..así foi esta saída de dos días ..
O sábado partimos a hora acordada e  chegamos a Noceda, situada no Bierzo alto, sobre a unha da tarde para inciar a ruta das "fontes curativas".Atravesamoso pobo, fomos ata o igrexa e comezamos a ascensión. As primeiras pendientes leváronse con calma e ilusión, contemplando a paisaxe segundo andabamos,  íamos vendo o pobo de Noceda a ezquerda e o val detrás, rodeados do verde intenso das árbores, así alcanzamos a primeira fonte, a de Juan Álvarez un fío de auga que todos probamos. Seguimos o recorrido e as subidas vanse facendo máis intensas, pero en cada fonte facemos un descansillo para beber, adentrámonos por un  sendeiro máis estreito e encontramos indicado o desvío para a Fonte do Azufre, que baixa pola parede pintada polas auga, case ao lado hai unha bonita fervenza. Seguimos e atopamos o cartel indicativo de fonte da Saúde, unhas augas carbonatadas e limpas que sen embargo tiñen de cor cobre por onde pasan. Retomamos o camiño e a partir de aquí a subida ao mirador de La Gualta, faise máis duro, pero alivia  a paisaxe. No mirador agrupámonos e xantamos alí mesmo.
Despois empezou a baixada, tan pronunciada ao principio que ten postes e cordas para suxeitarse, é o tramo máis perigoso e a máis de un, deulle momentos de ansiedade que ao final foron pasando segundo íamos baixando, hai que destacar a fermosa fervenza da Gualta que pódese visitar en dous tramos, o primeiro máis intrincado para chegar, entre penas, e o segundo máis fácil e ben bonito onde a caída da auga é un espectáculo  entra tanta vexetación, árbores e penas. O recorrido cada vez faise máis manso coma a augas do río Noceda, que discurre por este paraxe, hacia o final atopamos a Fonte de Canalejo na entrada do pobo, onde pastaba unha recua de vaca rubias, adentrándonos no pobo queda a última fonte, a de Rubio que algúns despistámonos e seguimos hacia onde esperaba o autobús. Noceda un bonito pobo.
De aquí marchamos a Ponferrada, instalámonos no hotel Madrid, no centro, o que facilitounos a posibilidade de dar unha visita por Ponferrada antes e despois da cea.

jueves, 26 de abril de 2012

Bierzo: Noceda-Médulas

A próxima saída  serás de dous días, correspondientes o 19 e 20 de maio.
Partiremos o sábado 19 ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía. A media mañá faremos unha parada técnica e aproveitaremos para tomar o café. Chegaremos ao Bierzo sobre ás 12 ou 12.30 e  acercarémonos a Noceda para camiñar a "ruta de las fuentes curativas". É imprescindible levar bocata para comer porque pararemos no medio da ruta para logo rematala e continuar a viaxe ata Ponferrada.
A Ruta de las fuentes curativas é  catalogada:
- Dificultade: baixa-media e
-Percorrido: 9 kms.
O domingo 20 realizaremos unha ruta polas Médulas.

O prezo da ruta é de 50 euros para os senderistas que fixeron máis de catro saídas e 60 euros para os restantes.
O prezo comprende:
- O desprazamento en autobús ida-volta.
- Cena do sábado.
- Facer noite no hotel Madrid, en Ponferrada.
- Almorzo e comida do domingo.
A comida do sábado vai pola conta dos senderistas: levar bocata ou  similar.
Faremos unha  ruta nas Médulas  das descritas no seguinte mapa que contén información, visítao:


  É importante ir ben equipados e insistimos e levar o bocata para a ruta do sábado.

Lobios



 Aínda que chega tarde o comentario de esta preciosa ruta, non queda menos que tras ver as fotografías, ter un momento para o deleite de recordar algo  dela.
Saímos a hora prevista para unha zona,  a Baixa Limia, na que xa pateamos varios camiños, pero  é un lugar que sempre merece a pen volver porque sempre hai algo novo que descubrir, nesta ocasión o inicio da primavera nos arredores da aldea de Padrendo.
A ruta foi circular e partimos de Padrendo, pasando a aldea,  adentrámonos por unha zona boscosa que tiña uns muíños para ir subindo cada vez máis alto, segundo íamos subindo a vexetación ía cambiando de carballeira a matogueira onde abundaba a carqueixa e a xesta branca co seu exquisito olor e flor pequena que aquí abundan.
Partimos dunha altura de 500 m sobre o nivel do mar para ascender na parte máis alta da serra do Xurés pola que paseámonos a 900 m, é dicir, subimos e baixamos un desnivel de 400 m. de forma moderada e dándonos o gustazo de contemplar desde unha fervenza ata  os picos máis alonxados coma os Altos de Fontefría, o Chan de Fielo ou o As Albas e outros máis pretos com o Albite, A Lomba etc a paisaxe na parte máis alta da serra só está poboada por enormes penas moitas delas con  extrañas formas, labradas pola erosión..unha paisaxe onde perder a vista.. 
Ao ir descedendo, pasamos pola aldea de Torneiros e visitamos o espléndido conxunto de hórreos.. continuamos a nosa senda para volver  cerca do río Cados e a pasar por fermosas fragas con singulares furados na terra para abrigo dos pastores, antes de chegar novamente  a Padrendo.
Tralo xantar acercamos a ver a fortificación dun asentamento romano "Aquis Querquennis" e disfrutar do seu entorno, un paseo de caballos, o encoro e dunhas termas que aínda  funcionan. 
Así rematamos unha saída completa, fermosa e variada.

miércoles, 11 de abril de 2012

Lobios

A próxima rota será o domingo 22 de abril a Lobios, cerca de Portugal. Sairemos ás 7.00 desde a igrexa parroquial.
Percorrido: 11.3kms circular.
Dificultade: media
A rota discorre polo val que separa as serra de Sta Eufemia e a serra do Xurés, en pleno parque natural de Baixa Limia-Xurés e a rentes co parque natural portugués Peneda-Gerês. O interese que presenta esta zona é medioambiental en flora e fauna pero tamén en patrimonio etnográfico con riqueza de arquitectura rural. Pasaremos por diferentes pobos Padrendo desde onde partiremos, A Chan de Ventoselo, Torneiros para volver outra vez en Padrendo.
Teremos a posibilidade pola tarde de visitar as charcas termais do río Caldo, polo que é importante levar bañador tamén temos cerca o campamento romano Aquis Querquennis o que podemos visitar.
O prezo da saída son 25 euros por persoa.

Pontedeume-Redes-Ares



Esta saída foi fácil, un paseo pola costa: tras almorzar en Pontedeume empezamos a caminar na praia da Madalena, subindo por unhas escaleiras adentrámonos por un paseo agradable dende onde se vía a praia e Pontedeume ao fondo, seguimos lentos porque non había présa pola costa e aldeas do redor onde hoxe abunda chalets e segundas vivendas, sen perder case en ningún momento a vista do mar, chegamos pronto cerca de Redes pasando ao lado da pequena praia de Coido.
 Redes é un pobo mariñeiro precioso que aínda que está remozado conserva todo o seu encanto, ao final do pobo está Punta Modias que conserva restaurada un antiga batería defensiva do 1757, seguindo a nosa viaxe xa no concello de Ares atopamos a  fermosa praia do Raso coa marea baixa e camiñando por ela chegamos a Ares. Algúns remataron nos bares do paseo e outros continuaron ata o final no antiga fábrica de salazón e cun paseo polo centro Ares.
Unha saída agradable, sen grandes esforzos, un tempo estupendo e pintorescos pobos que coñecer.

miércoles, 21 de marzo de 2012

Pontedeume-Ares

O domingo 25 de marzo ás 8.00 desde a igrexa parroquial de Vilagarcía partiremos hacia o norte para realizar a ruta desde Pontedeume ata Ares pasando polo pobo de Redes.

Percorrido: 11 kms lineais.
Dificultade: fácil.

Unha ruta costera, sen pendentes que forma parte dun trazado  maior que recorre o concello de Ares. Pasaremos por praias e pobos mariñeiros como o de Redes.
Prezo da saída son 25 euros de comida e tranporte.



Ver mapa más grande

Ribeira do Ulla







Esta saída cumpriu fielmente o recorrido sinalado na descrición, ben marcada e sen pérda, agora queda falar das impresións....
Dicir que partimos cun tempo sostible, a noite anterior chovera e todos imos preparado para recibir a chuvia tan deseada nun ano de seca, pero tivemos sorte  apenas caeu unhas gotas e ata saíu o sol por momentos...
Baixando desde Ponte Basebe por un tramo de estrada, todos tiñamos ganas de chegar o río, e así foi pero a paisaxe pola que nos levou a senda era impresionante non só de ribeira como era o esperado, senón tamén por unha carballeira enorme que en descenso baixaba hacia o río Ulla que nestre tramo en Touro aínda que vai tranquilo e máis enérxico.
O camiño entre fragas de árbores desnudas e sinuosas con todas as súas foxas cubrindo o chan facía pensar que paseamos por unha paraxe encantada, de conto, onde un só pode vivir a beleza do momento, respirar o perfume do monte e sentir o rumor da natureza, esquecendo todo o demais....así con estas sensacións fomos subindo rodeados un bosque de sobreiras e contemplando o rio  alá abaixo e volvimos a baixar  ata chegar a fervenza do Inferniño escondida entre tanta vexetación. De aí seguimos por bosques que tiñan cada pouco os restos de antigas ouriceiras onde se recollían os ourizos dos castiñeiros para protexelos dos xabarís, pasamos polos muíños de Quintás abandoados tamén...e chegamos ao Pozo de Pego un lugar onde de ensancha o río e parece un fermoso lago o que beireamos para seguir o camiño, que nos levou ata San Pedro.