miércoles, 30 de enero de 2019

Ruta Foxo do lobo (Cotobade)

O próximo domingo 3 de febreiro partiremos ás 8.30 da mañá desde a praza de España para patear a ruta coñecida como "Foxo do lobo" en Cotobade.
Percorrido: 11.5km circular
Dificultade: Baixa
Prezo:27 euros. Prazas xa completas

Ruta : Foxo do lobo

martes, 15 de enero de 2019

Ruta río Maneses( Campo Lameiro)

Esta ruta é circular: O bus deixounos na estrada e baixamos ata río para incia a ruta onde hai unha ponte, a que volveremos ao rematar.
Así pois comezamos a andar na beira do río Maneses nunha mañá sen chuvia con moito frío e campos    brancos pola xeada. O río tiña unha certa bruma. O Maneses é  bulideiro, corre balarín con augas limpas e unha vexetación de ribeira  variable con prados e sobre todo  un bosque  exuberante cheo de árbores cobertas de musgo  (ata as raíces que sobresaen da terra o tiñan), de fentos, etc...A senda  pasa o lado de moitos muíños abandoados, en diferentes estados de deterioro, nun  sube e baixa entre as follas caidas das árbores, cruzamos varias pontes sobre o río  e chegamos a área recreativa de Lodeiro, onde se xunta co Lérez. 
Fomos un tramo de percorrido ao lado do Lérez nun senda máis despexada xunto a un río máis amplo e tranquilo. Chegamos ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, fixemos unha paradiña, pero non entramos para continuar e volver as ribeiras de Maneses.
Esta preciosa ruta, que non ten problema ningún, está dentro da Rede Natura 2000 como espazo protexido polo seu valor ecolóxico e paisaxístico. E merecente de repetir.

sábado, 12 de enero de 2019

Sendeiro do río Maneses (Campo Lameiro)

O domingo 13 de xaneiro inauguramos o 2019 cunha ruta de ribeira, polas beiras do río Meneses en Campo Lameiro, PR-G 230.
Distancia: 11.5 km.
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros.(comida+bus)