jueves, 15 de junio de 2017

Saída ao Gêres

Informamos que o sábado 17 partiremos desde a praza de España ás 8.30 da maña para  iniciar a saída de dous días polo Gêres.
Para a ruta do sábado, non pararemos para almorzar polo que xa tendes que vir de casa almorzados e con comida e bebida, pois comeremos facendo a ruta.
Como se espera calor e sol  recordade vir ben equipados ademais de con  botas e bastóns, con sombreiro e protector solar. Tamén recomendamos bañador, chanclas e toalla, xa que no hotel non dispensan toallas de praia.

jueves, 8 de junio de 2017

Sendeiro do río Barbantiños (Carballiño)

Para percorrer o sendeiro do río Barbantiños os Cen Pés acercámonos pola estrada N-541 en  Puxín, na Forxa, para diante do concello baixar cara o río pasando tamén polo camiño diante dun pazo y da capela de San Roque, así chegamos a ribeira onde hai unha fonte termal e uns pasos que cruzamos para camiñar pola beira esquerda do Barbantiños. Xa do primeiro momento parece que nos adentramos nun bosque encantado, con árbores de todo tipo, salgueiros, ameneiros, carballos e fentos enormes. Este río nesta época non leva moita auga porque hai unha presa para explotación hidráulica.
Seguindo a beira por algunha pasarelas para salvar os desniveis chegamos a fervenza de do Viñao ou Cachón, unha caída de auga de 15 m. de altura, xa polo camiño atopamos varios muíños e moitos restaurados, continuamos e pasamos pola minicentral do Barbantiños e cruzamos ao outro lado do río, pasando por un túnel, baixo a vía do tren e pola ponte de arcos apuntados de San Fitz, e dimos volta vendo ao lonxe as magníficas e altísimas pontes do Ave e tamén da autoestrada e nós por entre campos e bosque para logo retornar ao ladiño do río.







lunes, 15 de mayo de 2017

Sendeiro do río Barbantiño

O domingo 4 de xuño os Cen Pés colleremos rumbo ás 8.00 da mañá desde a praza de España  a Puxín, cerca de O Carballiño para facer o sendeiro do río Barbantiño.
Distancia: 12 kms.
Dificultade: fácil.
Prezo: 25 euros (Bus+comida) 

domingo, 14 de mayo de 2017

Ruta de Caveiro e Aguieira(Porto do Son)

Esta foi unha ruta fácil, agradable case doméstica, vimos a desembocadura do río Quintáns, percorrimos a praia de Aguieira ata a punta onde se encontra a antiga fábrica de salazón. Viramos ao interior e por pistas e camiños fomos pasando por diferentes aldea, meredendros e a igrexa de santa María de Nebra do s.XVIII, continuamos ata chegar ao miradoiro da praia de Caveiro desde onde se ve unha bonita panorámica da ría de Noia e Muros e o monte Louro, baixando a praia e camiñando por ela, continuamos a ruta ata rematala moi cerca de onde a iniciamos.




jueves, 27 de abril de 2017

Ruta de Caveiro e Agueira (Porto do Son)

Informamos que a próxima saída realizaremola o domingo 14 de maio ata Porto do Son para facer o R3 de Caveiro a Angueira, partiremos da praza de España ás 8.00.
Distancia:13.5kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros


Máis infomación

sábado, 15 de abril de 2017

Ruta de " A Cubela"- Ribas do Sil

Nun día fantástico para camiñar, aínda que un pouco caluroso, comezamos esta ruta circular en Castro de Abaixo, un percorrido de 14 kms que parte no entorno Aguasmestas onde nos deixou o bus e vai subindo polo Camiño Sur  de Santiago ou tamén chamado Camiño de inverno, forma parte no seu 50% na Rede Natural Ancares-Courel.
Pouco a pouco fomos subiendo entre  hortas, prados con gando, camiños bordeados de pedras e soutos de vellos castiñeiros que non deixaron de sorprendernos coas súas formas, árbores que deberíamos coidar con mimo e cariño porque son verdadeiras esculturas. Así chegamos a aldea de Tobeo onde tomamos un viño fresquiño na taberna e visitamos a escapada a igrexa do s. XII-XIII.
 Esta quizás foi a etapa máis esixente; logo fomos baixando e collemos o camiño que leva ao miradoiro de Louxoá. Nótase que estas terras son ricas en todo, gando nos herbais, montes cheos de todo tipo de árbores, sobreiras, madroños, caballos, castiñeiros, e como no o viño que se desparrama nas abas do Sil, o rico mencía, tal vez non se vexa por aquí tanta vides como noutro zonas, pero non faltan. É unha zona  rica  en flora e fauna. 
Pasamos por Pena tallada, unha pena labrada polo home para deixar pasar os carros e o gando e levounos ao meandro da Cubela, que nos deixou boquiabertos, é espetacular esta paisaxe, parece un xigantesco animal prehistórico visto frente a frente, pero non;  tampouco  é este meandro de case 360º froito do río, senón dunha fractura orográfica na placa de granito, arenisca e cuarcita de máis de 360millóns de anos. É realmente fermoso,  a altitude  aquí íalcanza os 600m. e resulta incrible que os homes desta terras lograran salvar tremendo desnivel a base de esforzo, moito traballo e tan pouca tecnoloxía.
A baixada faise máis pronunciada ata chegar a aldea de A Cubela, pequena e bastante restaurada. Nós seguimos de largo pegados a beira do Sil por un camiño estreito ata chegar a ver a desembocadura do río Lor no Sil, para virar cara ao interior e volver a Castro de Abaixo cansos pero satisfeitos, rebosantes de tanta fermosura.








martes, 28 de marzo de 2017

Ruta "A Cubela", PR-G180

O domingo 23 de abril ás 7.00 da mañá marchamos desde a praza de España con destino a Castro de Abaixo, en Ribas do Sil para facer a ruta de "A Cubela" o PR-G 180 cerca de Quiroga.
Percorrido:13.5 kms
Dificultade: media.
Prezo: 30euros