sábado, 31 de octubre de 2015

Ruta de Parada do Sil

O domingo 15 de novembro partiremos ás 7.00 da mañá hacia  Parada do Sil para andarmos unha ruta coñecida polo PR- 98 "Canón do Sil ou  Santa Cristina", é un un lugar precioso que merece a pena recorrer; marcharemos entre soutos e sendas e con vistas impresionante  ao Sil e mosteiro  de Santa Cristina. Esta ruta ten variantes e pódese facer máis longa ou corta, chegando aos 18 km de percorrido.Nós faremos12.5 kms
Percorrido: circular de 12.5 kms
Dificultade: media
Prezo: 25 euros en principio, pero poden que teñamos que subir 2 ou 3 euros, dependendo do restaurante.
Tendes máis información no seguinte enlace:

viernes, 30 de octubre de 2015

Ruta do Belelle

Unha nova ruta polo entorno do río Belelle, un lugar sempre agradable e interesante para camiñar cun bosque de ribeira frondoso que se mantén ben a longo do tempo, nótase que é unha zona frecuentada pola xente, pescadores e senderistas con camiños marcados e ben sinalados.
A verdade que foi unha ruta variada estivemos por estradas secundarias desde Barreiro para buscar o río, pasamos cerca de igrexa de Cabalar rodeados en todo momento por prados verdes que parecía unha estampa feita a próposito para deleitarnos con masas de árbores que xa pintan de diferentes cores. 
Collemos o río pola beira dereita, estaba precioso, coa auga tan clara que apetecía aínda darse un chapuzón, víase moi ben o fondo areoso e as pequenas troitas, o bosque de ribeira é rico en salgueiros, carballos, castaños e algún que acivro. Fomos por este amable río rodeados de vexetación pasamos ao lado do área recreativa de Río Cuberto cambiando novamente de beira e andando cerca de muíños, a maioría, en ruínas, logo abandonámolo para pasar pola aldea de Formariz e atallar para coller a parte do río que nos levar a central eléctrica e ao canle, este tramo xa o fixeramos nunha ruta anterior, pero en sentido contrario, coa diferencia que desta vez non baixamos a ferbenza do Belelle, senón que continuamos sempre ao lado da  canle e subimos ata o camiño de Marraxón onde contemplamos as  vistas panorámicas, neste punto tivemos unha subida ata coller a estrada que  levounos a Souto onde esperábanos o bus





martes, 13 de octubre de 2015

Ruta a Belelle

O domingo 25 de outubro ás 8.00 da mañá marcharemos para a zona de Belelle desde a igrexa parroquial e faremos unha nova ruta.
Distancia: 13 kms
Dificultade: moderada
Prezo: 25euros por persoa(Bus +comida)

sábado, 10 de octubre de 2015

Ruta a Arouca(Portugal)

Esta ruta foi de fin de semana, marchamos o sábado a hora prevista e chegamos aos arredores de Arouca acercándonos ao principio ao miradoiro da Fecha da Mizarela, unha ferbenza cunha caída de auga de 60m. pero que con bo tempo tiña reducido este caudal do río Caima, desde ahí víase os vals e a serra de Freita e de Arada, unha franxa de montañas granítica que comprende tamén un geopark, con petrofrigos e varias rutas de senderismos.
Despois desta parada non moi lexos de aquí, comezamos a nosa andaina, no lugar de Merujal onde está sinalado a Vía Romana do sec.II de Viseu- Porto, que se xunta con G-28 "Camiños dos burros" un percorrido de 90 km.entorno a Arouca dos que nos fixemos un tramo pequeno. Partimos deste pequeno lugar da serra de Freita, na que descubrimos a peculiaridade dos seus hórreos cuios pilares inclinados fainos máis estreitos da base que no alto, e así os atoparemos nas outras aldeas polas que pasamos. 
Esta ruta foi variada pois fixemos  montaña no principio para adentrarnos en bosques segundo fomos baixando e pasando por camiños tradicionais e aldeas e prados separados case sempre  por vides  e parras que atopamos sen vendimar moitas delas e das que dimos conta, tamén moitos castiñeiros e camiños empedrados con pequenos vals que foron unha delicia en colorido, nótouse  o comezo do outono na cor das vides  e das árbores. O punto negativo quizás que estes preciosos lugares é que nótase como vai penetrando a plantación de eucalito nos montes dos arredores.
 Comemos no camiño nun bar dunhas das aldeas, así chegamos pola tarde xa a centro de Arouca,  acercámonos a hotel moi próximo a Arouca, San Pedro, e deunos tempo  a dar unha volta polo centro. Pola noite empezaron a soar as sirenas que anunciaban incendios nos arredores de Arouca e comunicáronnos que estaba prohibido a saída ao monte por grupos de senderistas por seguridade, ademáis esperábase temporal ao día seguinte. Efectivamente xa empezou a chover pola noite, o domingo ante a imposiblidade de facer a ruta, dedicámonos a pasear polo pobo, así visitamos o lugar coñecido como o Calvario,un emplazamento granítico con cruces e pulpito con moita personalidade e que da testimonio de relixiosidade dos pobos portugueses. Tamén fixemos compras e o mercado ao lado do mosteiro de Sta Mafalda foi un lugar estupendo. 










lunes, 5 de octubre de 2015

Ruta a Arouca (Portugal)

Comezamos o curso 2015-16 cunha saída larga a Arouca (Portugal) de dous días,  os días 3 e 4 de outubro.
Saíremos o sábado 3 ás 7.30 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía, tendo previsto chegar ás 11.30 (hora española) para empezar a camiñar a primeira das rutas, polo que hai que ir provistos de comida e bebida, xa que faremos unha parada para  comer nunha zona de media montaña.
Ao remate desprazaremos en bus ata o hotel San Pedro (3 estrelas) a cinco minutos andando ao centro da localidade de Arouca.
O domingo tralo almorzo realizaremos a segunda saída e ao remate da mesma volveremos ao hotel onde comeremos e despois volveremos a Vilagarcía.
O prezo da saída e de 75 euros por persoa para os senderistas de Cen Pés que fixeran no curso pasado ao menos 5 saídas os demais terán que pagar 80 euros, que comprende o traslado en bus ida-volta, cea do sábado e almorzo e comida do domingo.
O prazo de inscripción e do 31agosto a 7 de setembro para os senderistas máis habituais, os que fixeran ao menos 5 saídas, para os demais a partir do 8 de setembro.
Recordamos que hai que ir ben equipados para as rutas, botas de senderismo, bastóns, ropa de abrigo e agua e ropa de reposto ademais de agua.