domingo, 19 de febrero de 2023

Fervenza do Rexedoiro(PR-G202) Val do Dubra(Bembibre)

 O domingo 19 de febreiro os Cen Pés fixeron unha ruta polo Val do Dubra en Bembibre, exactamente o percorrido PR-G202 de Fervenza de Rexedoiro. Ruta circular que comeza no campo da feira de Bembibre.

Desde aló,o camiño transcorre pola ribeira  dereita do río Dubra ata a Insua de Santa Mariña de San Román, desde onde vólvese ao inicio. Neste percorrido, desvíase ata o cauce do Rego do Portonabo, afluente do Dubra, que forma una fervenzaa en dous tramos, sumando uns 10 metros de desnivel.

O percorrido alterna camiños e sendas de pescadores, así como terras agrícolas de cultivos e praderías con zonas forestales. Entre estas últimas, o itinerario transita por zonas de repoboadas e outras autóctonas con acivros, sobreiras, loureiros, carballos e castiñeiros.

Distancia: uns 14,5 kms 

Dificultade: moderada