lunes, 14 de febrero de 2011

O Pindo-Ézaro

A ruta es ao monte do Pindo. Partiremos desde a parroquial ás 8.00.
Percorrido: 12km.
Dificultade: moderada, media.
Iniciaremos a marcha desde a aldea de O Fieiro, cerca do encoro do Ézaro para chegar o pico de A Moa. Ao principio a idea era descender ata o poboo de O Pindo, pero como a baixada é moi pronunciada, desbotámola para volver o punto de partida, a aldea de O Fieiro e desde alí coller un camiño asfaltado co moi boas vistas e así baixar a Ézaro.
O Pindo foi considerado como o Olimpo Celta, a súa historia está chea de lendas de tesouros, ritos de fecundidade e sacrificios, é testemuña de cultos paganos como o demostra a existencia dunha inscrición de excomunión. Durante e tras a guerra civil serviu de refuxio a moitos republicanos.
No século X, por orde do bispo Sisnando, construirse o castelo de San Xurxo na aba do monte para protexer estas terras dos ataques dos piratas do medievo, diversas familias nobres foron donos del ata que foi destruido no ano 1467 coas revoltas dos Irmandiños.
O prezo desta saída son de 25 euros

miércoles, 9 de febrero de 2011

Ribeira Sacra: San Miguel de Rosende



Un bo madrugón, pero desta vez non quedou sen premio: Tivemos un día espléndido.

Saímos cedo e como sempre que a viaxe é longa, o tempo deu para todo, uns para ir durmindo e para outros, convensando ou/e ir vendo o fermoso amencer.

A ruta sinalada como PRG 86, chamada realmente como "sendeiro dos viñedos da Ribeira sacra", foi variada e agradecida con poucas subidas e unha gran baixada no treito final que nos leva o encoro. Partimos da aldea de Rosende, para ir adentrándonos por camiños que levan as terrazas onde se recolle a uva mencía coa que se fai o viño con denominación de orixe Amandi ou Ribeira Sacra, un viño tinto sabroso, sólido coma estas terras no que nace. Unas terras fermosas que non deixan de ser duras, e de clima extremo, un microclima singular.. a nós tocounos un día ben agradable pero aínda así deixouse ver a xeada nos sendeiros, cultivos e montes.

A paisaxe impresiona. Ver a orográfica da zona domada pola man do home en tantas terrazas e tramos que fan das costas, pendentes levadeiras. Nótase por todas parte que esta terra foi conquistada e traballada desde séculos, unhas veces con respeto, mansamente, e outras non tanto; de todos los xeitos a natureza vai recuperándose e adaptándose sabiamente e así subsisten carballeiras con plantación de piñeiros, e os regatos co encoro do Sil...un encoro que sorprende tras un recodo do camiño, o encoro que embelesa...pero como sería antes o río? seguramente aínda máis fermoso...

Esta vez todo foi agradable, as aldeas, os tramos de monte, o final da ruta ao lado do encoro e a comida nun bonito restaurante en Doade, chamado "A Cantina", un lugar cunha decoración coidada e agradable que tiña o exquisito gusto de dispór dun piano, que permitiu a Alfonso Galván deleitarnos cun pequeno concerto aos postres...

A guinda desta marabillosa ruta foi a parada nas pozas termais de Outariz en Ourense nas que moitos do grupo relaxámonos, mentras os outros paseaban pola ribeira do río.