sábado, 19 de noviembre de 2011

Corrubedo

A próxima ruta vai ser o domingo 4 de decembro aos arredores de Corrubedo. A saída será ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial.
Distancia: 12 kms.
Percorrido: fácil e lineal.
Prezo: 25euros, que comprende saída, bus e comida en restaurante.
O percorrido exacto está por determinar xa que pódese facer desde o pobo ata o facho o viceversa, pero será unha ruta totalmente de costa, incluso pasaremos por praia.
Recordamos que esta zona é moi rica en fauna e flora e de gran beleza, xa que nela atoparemos a duna móbil de máis de 1 km de extensión, as lagoas de Vixián, de auga doce, e a de Carregal, de auga salada que desemboca no mar. Moi cerca do parque natural encontraremos o Centro de interpretación do parque natural e o famoso Dolmen de Axeitos, e non moito máis lonxe o castro de Baroña e múltiples e preciosas praias, Vilar, Baroña, a do Dique, a das Furnas etc.
Asemesmo, informamos que o 10 de decembro celebraremos unha cea de despedida do 2011, con toda probabilidade no Mare Magnum, pub-restaurante da zona tir. O prezo por persoa será 25 euros, é importante apuntarse canto antes para facilitar as cousas as persoas que a organizan.

Ver mapa más grande

Mondariz







Esta foi unha ruta de ribeira fluvial polo río Tea, unha auténtica marabilla no outono.
A saída partiu dunha zona máis arriba do centro de Mondariz-balneario por onde pasamos, unha zona coidada (pola marge ezquerda do río) para este tipo de actividade, con pontes, pasos e carteis indicadores en todo o percorrido sinalando a riqueza da fauna e da flora que vive entorno a este río, que nace no monte Moncelo e desemboca no Miño a altura de Salvaterra. 
O tempo deixounos disfrutar da paisaxe, dun río de augas limpas, transparentes, rodeado de vexetación abundante, ameneiros, carballos pero taméncastiñeiros,  abeleiras, xunqueiras.... Acercarse ao río é non deixar de sorprenderse polas súas augas que hipnotizan e calman. O seu son  e os nosos pasos vainos transportando a un paraíso de cores  e formas, os verdes dan paso aos pardos, amarelos, ocres e todas as gamas de grises que deixan a pedras da ribeira. É tan dificil  describir tanta beleza e intentar singularizala!.. só dicir, que o río se enche de moitos regatos, e as augas van baixando suaves e lentas nunhas zonas, bañando praias e recodos, e noutras partes van máis embrabecidas, apretadas entre peñas e deniveis que forman pequenas fervenzas. Así vamos contemplando un río que por momentos é ancho, lento, translúcido e por outro se entreita, faise espuma ou xoga a perderse nunha curva ou dividirse en illas para volver a xuntarse...
Deste xeito fomos paseando polo "bosque dos avellanos", cruzamos o río polos "pasos de Tatín", pasamos por algún muíño e por baixo de diferentes pontes unhas romanas, outras mentálicas para chegar á zona recreativa do concello de Mondariz e máis alá a súa praia fluvial, así ata contemplar no outro lado do Tea o descoidado edificio da "fonte de Troncoso"(que en 1862, o cura de Mondariz, Domingo Blanco Lage descobrera as súas propiedades medicinais). Seguimos o noso percorrido, pasando ao concello de Ponteareas, onde remantamos con pena na fermosa praia das Pías.
 

martes, 8 de noviembre de 2011

Mondariz

Saída programada para o domingo 13 de novembro.
Partiremos da igrexa de parroquial de Vilagarcía ás 8.30 da mañá.
Distancia: 12 kms en baixada ata o río Tea.
Percorrido:  lineal, ribeira alta e baixa do río.
Dificultade: fácil.
Prezo: 25 euros, comprenden como sempre, autobús e comida en restaurante.

Chandrexa de Queixa






Esta saída a Chandrexa  foi memorable e inmellorable.
O sábado marchamos bastante puntuais de Vilagarcía e tras dúas horas de viaxe, paramos en Maceda para visitar o castelo, ben conservado e convertido hoxe nun agradable  hotel. Seguimos o traiecto e fixemos outra paradiña no recollido Montederramo para ver o mosterio e o seu claustro. De aquí fomos subindo cara a serra de San Mamede contemplando a bonita paisaxe do val que baixa ata o Sil, no que atópanse tantos mosteiros, pobos, castelos e  preciosas lugares que va quedando atrás baixo a luz do solpor .... e nós seguimos escalando ata chegar ao encoro de Queixa, coa serra detrás iluminada pola lúa. Tras cruzar o estreito paso da ponte chegamos ao noso destino, Casa Gerardo, en Chandrexa de Queixa.
Tivemos un bo recibimento, repartímonos polas habitacións e baixamos a cear, onde a abundancia e o riquísimo menú  sorprendeunos, sobre todo os  tremendos postres: flanes, tarta de manzá, figos e queixo con membrillo caseiro mmmm. Despois da cea, uns estivemos departiendo, outros cantando e bailando, e outros saíron a pasear un pouciño baixo as estrelas, sen preocupacións xa que tiñamos unha hora máis para durmir, cousas do cambio de horario.
O domingo cumprido o almorzo, comezamos a ruta un pouco máis arriba de Chandrexa, a un punto onde deixounos o autobus. Acompañounos en todo momento o bo tempo, un sol radiante que fixo o camiño máis deleitoso.
Partimos hacia As Forcadas, nun subida suave, que permitiunos contemplar as montañas do arredor e os pastizais, para adentrarnos nunha fraga por un camiño enlousado, antigo camiño á aldea  de Forcadas, apartada e adicada ao cuidado do gando, cunha bonita igrexa e cemiterio. Continuamos a nosa ruta pola fraga dos Zopos, escoitando o rio Grande que ía máis abaixo ata chegar a Requeixo unha pequena aldea, que tiña muiño e ponte. Seguimos camiñando por camiños empedrados xa de volta ata As Forcadas, de aí por pista baixamos ata coller o autobus, algúns andiveron un anaquiño máis e tamén pasaron por Bretelo ata Chandrexa, onde nos esperaba un suculento cocido e lacóns.
Desta vez, todo saiu perfecto e todos quedamos agradecidos polo trato en casa Gerardo, polos organizadores da saída e porque pese ao incendios de semanas antes, non encontramos tanta superficie queimada como esperabamos.