jueves, 20 de enero de 2011

Ribeira Sacra: San Miguel de Rosende

Esta ruta é a que cancelamos en novembro polo mal tempo.
A saída a Ribeira Sacra será o domingo 6 de febreiro, partiremos ás 7,00 desde a parroquial de Vilagarcía. Recordamos a información xa facilitada anteriormente.
Distancia: 12 kms
Dificultade: Media-baixa
Percorrido: Lineal, de San Miguel de Rosende ata Os Chancís.
Iníciase no torreiro do campo da festa de Rosende e bordea o muro do Pazo Casa Grande de turismo rural.
Pasaremos por Albarán, onde seguiremos un camiño de servizo entre os viñedos de uva mencía, que conduce cara ao val do río Cabe. Unha pequena derivación conduce ata Areas con construcións moi simples onde algunha hipótese apunta a primitivos moradores anacoretas que buscaron neste recuncho o sosego en contacto coa natureza.
En Portizó e Hortás poderemos contemplar boas mostras de arquitectura tradicional. De novo outra pequena derivación conduce ata a casa de turismo rural "Reitoral de Anllo". Bosques e viñedos ofrecen fermosas panorámicas sobre os vales do Cabe e o Sil. Pasando a ponte do regato de Camilo, encontramos a estrada que baixa ao embarcadoiro dos catamaráns. Un fermoso recuncho onde pasar un rato gozando dunha gran paisaxe.
De volta é probable que nos detendramos en Ourense para acercarnos ata as pozas de auga termal de Outariz, que son gratuitas. É necesario ir equipados para a ocasión con bañador, chaclas e toalla por se queremos darnos un chapuzón.
O prezo desta saída é de 25 euros.

Cuntis-Valga



Unha ruta cerca para o reencontro tralas festas. Da a sensación de que a saída anterior fixémola fai moito tempo, exactamente o ano pasado e esta ven sendo a primeira do 2011.
Todas as opinións son de que foi unha ruta agradable, bonita, na que disfrutaron polo inesperado e variado da paisaxe e da fervenza, tan fermosa que ninguén desexaba marchar e continuar o camiño.
Unha ruta larga, pasouse por ribeiras dos ríos, por monte fondoso, miños como os de Magáns, carballeiras como a de Fontáns, por aldeas e pistas rodeadas das primeiras mimosas que impactan co seu colorido e aroma..Foi unha ruta fácil sen grandes complicación nin pendientes; o tramo máis perigoso tal vez fose o da estrada que por confusión e non seguir as indicación de Lelo, tomamos esta variante.
Unha saída recomendable para os que non viñeron a esta, e incluso para repetir con mellor tempo, aínda que non estivo tan malo, só choveu ao final e a modiño, polo que non houbo grandes molladuras.

jueves, 6 de enero de 2011

Cuntis-Valga

A primeira saída do 2011 será o domingo 16 de xaneiro ás 9.00 desde a igrexa parroquial. A ruta parte de Cuntis para chegar a Valga.
Percorrido: 14km.
Dificultade: fácil.
O prezo son 22 euros, que poden ingresarse canto antes.