sábado, 17 de diciembre de 2016

Belén en Xiabre

Outro ano máis os Cen Pés xúntase para dar unha pequena ruta, case simbólica, e rematar o ano por terras do noso concello, desde Bamio subindo(ata Fontefría) a aba do tan pouco valorado e coidado monte, o noso monte Xiabre que este 2016 outra vez sufriu al lapa do fume. Nós queremos reivindicar o noso monte tan maltratado, pero desde onde se contempla unhas vistas panorámicas maravillosas sobre todo nun día tan bo como o que compartimos  entre andaina, dulces, brindis, paixoliñas, amizade, bos desexos e gañas de seguir facendo o que nos gusta: percorrer sendas. Feliz 2017.








miércoles, 14 de diciembre de 2016

Belén en Xiabre

Este domingo 18 de decembro os CEN PÉS camiñarán como todos os anos polo Nadal para colocar o Belén en Xiabre. Sairase ás 9.45 desde a praza de España(igrexa parroquial) en coches particulares para comezar unha ruta desde Bamio ata Fontefría en Xiabre. Alí celebraremos xuntos  con turrón e cava un ano máis de andainas, que xa van moitos!!! Poden vir os que queiran.
Para a comida hai que estar apuntado, e poden vir senderistas e acompañantes.

FELICES FESTAS E BO NADAL a todos!!!!

domingo, 4 de diciembre de 2016

Senda da Cova da Moura(Monçao)

Unha saída estupenda nun día maravilloso polo país veciño.