lunes, 18 de diciembre de 2023

Ruta Cruz de Xiabre- Nadal( 17/012/2023)

 Remata o 2023 e en decembro facemos a última saída do ano, aquí no concello de Vilagarcía.

Unha saída corta de 5 ou 6 km ao miradoiro da cruz de Xiabre, un lugar desde onde de contempla ben a ría de Arousa e o río  Ulla.

Como o ano pasado en lugar de deixar un Belén como outro club deportivos, cambiamos e agora plantamos unha árbore, un pequeno carballo, esperemos  que medre forte como as nosas ganas de seguir pateando sendeiros pola nosa terra. Foi un día de celebración e amizade no que brindamos e pinchamos algo en Fontefría. Felices festas e  o mellor nos espera no2024.







sábado, 9 de diciembre de 2023

Ruta das praias de Marín (03/12/2023)

 O domingo 3 de decembro partimos hacia Marín para realizar unha ruta costeira, xa que outras rutas coas chuvias están anegadas.

Esta é unha ruta fácil e duns 12km se se fai completa, de ese modo sería circular. Empeza saíndo do centro de Marín, e nós  seguimos de forma lineal pola costa pasando por diferentes praias: Portocelo, Mogor, Aguete, onde cruzamos o pobo para continuar ata a praia de Loira, praia de Mogor e subir a os petroglifos e pasar ata o pobo de Casás e rematar na praia do Santo. Un bo paseo mirando sempre o mar!

 



 








sábado, 25 de noviembre de 2023

Ruta dos tres pazos(Negreira- Ponte Maceira)19/11/2024

O domingo 23 de novembro acercámonos a Negreira para camiñar a ruta dos tres pazos. 

Unha ruta circular cómoda de dificuldade moderada a fácil de unos 15 km.

Partimos do centro de Negreira e buscamos o río para achegarnos ao pazo de Cotón, unha finca señorial dos séculos XVII-XVIII, o pazo está unido a capela de San Mauro mediante unha triple arcada pola que pasa a estrada e o camiño de Santiago. Volvemos a ruta collendo a ribeira do río Barcala, pasando por bosque maravillos rodeados de carballos e outras árbores autótonas, paramos na aldea de Fontemirón, para protexernos de chuvia e reagruparnos e comer algo, segimos pasando por pontes, cerca de muíños como o dos Castros e os do río Tambre xa en Ponte Maceira, un pobo moi bonito co Ppazo de   Baladón de 1945-55 e a belísima ponte romana reconstuida no séculos XIII e XVIII. Continuamos a senda para visitar de Albariña, de Varela ou do Capitán dos séculos XVI-XVIII.

 

 

 










viernes, 20 de octubre de 2023

Ruta do Loio(Paradela) 15/10/2023

 O Domingo 15 de outubro fomos a camiñar a "ruta de río Loio" en Paradela,  a senda PR-G 14, un percorrido fácil de de 10 km ampliabres a 13.5 km para os que queiran. 

Saímos de Paradela e baixamos hacia o río, iniciando a ruta onde está o muíño do Cabo e a ponte do muíño e a fervenza Ruxidoira, seguimos a carón do río adentándonos un bosque espectacular de ribeira, acompañados do sonido da auga e de árbores diferentes: carballos, acivros, castiñeiros centenarios e retortos. Pasamos por varias pontes como a da Fervenza ou Retorta, tamén por muíños e pequenas desviación que conducían a unha fonte ou as ruinas do mosteiro. O muíno máis grande sen dúbida é a da Retorta e pasamos tamen diante da capela de san Berto xa en ruinas. Unha ruta máxica por camiños de carros limitados por muros alfombrados de musgos e rodeados de árbores, así fomos ata chegar ata o encoro de Portomarín, case sen auga. Unha ruta preciosa para repetir.

Despois de comer no restaurante Río Loio, cerca de onde rematou a ruta, só cruzar a ponte de para por riba do encoro, acercamonos ao miradoiro "Ádega dos Penedos" un miradoiro sobre o río Miño impresionante, en realidade é unha antiga aldea abandoada que mira dende o alto da montaña ao río, hoxe pasa a estrada por baixo, un lugar que abraia.









miércoles, 27 de septiembre de 2023

Ruta "Ecovía dos Açudes"(Ponte de Lima)

 O  dimingo 24 de setembro iniciamos a nova tempada de senderismo 2023-24 cunha saída a Portugal.

A ecovía dos Açudes parte desde Ponte  Lima e chega ata Ponte da Barca. Iniciamos a senda ao lado mesmo do río Lima e fomos en todo momento paralelos ao río; unha ruta que calificamos de fácil, pese aos 16.5 km de percorrido.

A paisaxe foi bonita con árbores de ribeira e pasando por zonas de viñedos, emparrados, campos prantados con millo, e as augas do río sempre moi mansas..unha paisaxe tranquila acompañada de bo tempo para esta primeira saída.










miércoles, 14 de junio de 2023

Sendeiro ecolóxico de Peilán(Piñor) 11/06/2023

 Este domingo 11de xuño Cen Pés acercouse ao concello de Piñor na comarca de Carballiño. 

A ruta é coñecida polo "Sendeiro ecolóxico de Peilán", un percorrido que agora está sinalado como de 10km, pero que antes eran 13.5km e pasaba por dous concello o de Piñor, do que parte a ruta e o Cristovo de Cea; nós fixemos este último, pero ao revés, empezámolo por onde remata, e fomos orientándonos mirando os sinais o revés. É unha ruta circular  de fácil a moderada, é preciosa tanto ten o sentido por onde a comences.

Partimos da aldea de Arenteiro, da explanada ao lado igrexa da A Peregrina, almorzamos primeiro no bar  Ojea, o único que hai. 

Xa desde o primeiro momento a ruta foi impresionante adentrándonos no bosque por  camiños tracionais e rodeados de valados de pedras tapizadas de musgo  e por congostras entre paredes de montes, enchidos de altas árbores: castiñeiros, carballos, sobreiras... só algunha zona aparecía os eucalitos ou piñeiros. 

A humidade e a chuvia destos días fixo que, en moitos lugares,  os camiños  convertéranse en pequenos regatos  ou estuvisen enchoupados, pero non importou porque  a temperatura era boa e a contorna marabillosa. Seguimos  sendas paralelas os ríos Oseira e  Mirela que ían rápidos cheos de auga. Pasamos por varias aldeas  Albarona, Piñor , Barrán que aínda conservan as súas casas de boa cantería e hórreos, pero algunhas mal conservadas.

Cruzamos alguna pista sempre seguindo aos ríos, así chegamos a zona da antigua fábrica de papel, onde está a pasarela de madeira o lado da canle que levaba as augas  do río Arenteiro á fabrica de papel, por ela atopamos a preciosa fervenza de Peilán, que  fórmase  ao desviar o Arenteiro que cae nunha presa que o conduce á canle. Continuamos o sendeiro o lado do río e atopamos en desnivel catro o cinco muíños, só un deles restaurado, así entre camiños con cereixeiras e nísperos fomos chegando novamente ao punto de partida.

Comemos ao lado da antigua estación de Lalín, no restaurante Estación. Xa de volta paramos para visitar a "Fraga de Catasós" un pequeno recorrido de 1.5 km nun lugar sorprendente cheo de carballos e castiñeiros altísimos de máis de trinta metros e de gran grosor e enormes copas, árbores bicentenarias que impresionan coas súas dimesiones. Unha auténtica marabilla que todos debemos admirar e conservar. A Fraga de Catasós o Quiroga" foi declarada  Monumento Natural no 2000 pola Xunta de Galicia.







  "Fraga de Catasós"





lunes, 22 de mayo de 2023

Senda Costa Naviega(22/05/2023)

 

O luns 22 de maio deixamos Langreo despois do almorzo e collimos rumbo de retorno a Galicia, pero antes acercámonos a Navia para realizar unha ruta: a Senda  da Costa Naviega, un recorrido fácil de 19 km. Nós camiñamos o primeiro tramo desde a praia de Barayo ao pobo de Puerto de Vega, pero aínda hai dous tramos máis ata rematar en Punta das Cascareiras. Esta senda e lineal.

Iniciamos a ruta preto da costa, recorrendo o tramo final da ribeira do río Barayo, para chegar a praia onde verte a auga este río, a partir da aí é todo costa, percorremos a praia para seguir polos beira  dos acantilados, contemplando a forza do mar e as estratificacións rocosas, pasamos diante das ruinas do catro de Vigo, tapado pola vexetación de toxos, e por a terras  de labranza que aquí parecen están coidadas.

 Así nun agradable paseo chegamos a Puerto de Vega, un bonito puerto mariñeiro que debeu ser un refuxio clave e defensivo no pasado, contra os piratas, aínda conserva parte das almenas e baluarte do castelo.  Rematamos esta derradeira ruta tomando unhas sidras no porto para logo continuar cerca de Ribadeo para xantar en "O Lar de Carmiña", un restaurante xa coñecido por nós doutras saídas onde sempre nos tratan ben.


domingo, 21 de mayo de 2023

Ruta da fervenza do Tabayón do Mongallu (21/05/2023)

O domingo 21 tralo almorzo o bus acercou aos Cen Pés ao pobo de Tarna, un pobo peculiar, con casas iguais en rúas ordenadas, a razón é que foi un pobo destuído durante a guerra civil e rconstruído posteriormente.

A ruta ven sendo sobre un 10 km algo máis se se sube ao Llano de Toru a ver "robledones", dous enormes carballos de gran grosor e antiguadade(11.5 kms).  Os primeiros kilometros son os que teñen máis pendente con  subida constante, despois serrá máis variada.

Os Cen Pés continuaron pola senda ao Tabayón, unha ruta ben sinalada e espectacular desde o principio no que se sumerxe nun bosque de faias, o monte Saperu, que neste tempo primaveral derraman todo o seu verdor, sen dúbida no outono cando todas estas árbores cambien nuha variedade de múltiples cores, sexa aínda máis máxico , pero o certo é que a subida para contemplar a fervenza descorre por un lugar que traspórtanos ao centro da natureza con exemplares de árbores sorprendentes na súa beleza e formas, un lugar impresionante, onde o camiño está preparado para que corran as augas, onde se atopan pontes, e ata unha zona de descanso con mesas, onda a "fonte dos Arellales". O camiño segue e  vaise abrindo, deixando ver a fervenza ao lonxe.
Alí na Campona, rodeados de montes e coa fervenza do Tabayón do Mongallu, despois de acercarnos a fervenza, fixemos un descanso para logo continuar de baixada en esta ruta circular pola conca do río Nalón para chegar novamente  a Tarna.
Tras esta ruta acercámonos a Laviana para xantar no restaurante "La Casona de Entralgo", onde degustamos unha riquísima fabada entre outras cousas.