lunes, 11 de marzo de 2019

Trilho da Pedra Alçada(Serra da Arga-Caminha)

O do domingo 24 de marzo, os Cen Pés continuaremos sendereando está vez polo Portugal, pola serra da Arga cerca de Caminha, unha ruta coñecida como "Trilho da Pedra Alçada".
Distancia:14.5 kms
Dificultade: moderada
Prezo: 27euros persoa(comida+bus) as prazas están completas, pero os interesado poden chamar por se quedan baixas  de última hora.

Trilho da Pena Alçada- serra da Arga

Esta ruta será 2 kms, máis longa.

domingo, 3 de marzo de 2019

Roteiro por Cortegada



Con moita sorte polo tempo, empezamos a ruta na entrada a Cortegada, cerca do novo balneario, para coller a estrada que vai a Celanova, Ou-531 da que faríamos uns 100 ou 200m para coller unha pista empinada(chamada Puga Sarmiento) hacia o monte, entre casas. Neste primeiro momento empezamos a andar con bastante néboa, que logo iría despexando a largo do día e tivemos un sol estupendo que empezou a brillar ao chegarmos ao encoro.
Por sendeiros de monte alfombrados de follas dos carballos e sobreiras fomos camiño da aldea de Seixomil, cruzamos a estrada e por camiños bordeados de mimosas florecidas pasamos cerca do pazo con preciosa chimenea, para seguir adiante e entrar na aldea de Eirexa, onde  visitarmos o entorno da igrexa de San Bieito do Rabiño co seu Humilladoiro, aquí fixemos a foto de grupo.  
Volvendo aos camiños, fomos disfrutando dun bosque espeso con carballos e moita vexetación, matas amarelas de mimosas de cando en vez, así pasamos polas aldeas abandoadas de o Vao, e de a Barca, xa cerca do  encoro, que desapareceron xustamente pola construción do mesmo, porque os seus habitantes perderon a súa forma de vida unha vez que asolagaron as terras de ribeira do Miño. Parece ser que nesta parte do río, había un posto de barcas para cruzalo, ao facer a ponte, a aldea da Barca terminou desaparecendo, e dela so quedan os fermosas casas arrumbadas nas que nos detimos para facer unha pequena paradiña.
A pesar da desfeita que supuxo o encoro, no que quedaron sepultadas moitas aldeas, e terras de cultivo, e tamén impediu o desove da lamprea e salmón que había no Miño, polo que desapareceron esta especies no río...a pesar de todo, o noso encontro co río foi unha sorpresa, porque estaba precioso, nas augas reflectíase toda a paisaxe, as árbores,  as amarelas mimosas, un precioso  camiño que pedía quedarmos a disfrutar desa tranquilidade e beleza, pero había que seguir  camiñando e chegamos ao antigo balnerio de Cortegada, un edificio vacío, abandonado que mira ao Miño. Alí atopamos moita xente, pois varios grupos de senderistas iniciaban ou remataba  a ruta. Nós seguimos ata o miradoiro da Cota da Pena que pendúrase enriba do Miño, de aí pouco quedou para continuar e rematar esta preciosa ruta a lado do novo Balneario de Cortegada, onde nos esperaba o bus.