martes, 28 de octubre de 2014

Ruta do río Belelle




Esta foi unha ruta de ribeira, a senda do rio Belelle, noutros tempos coñecido tamén Sta María ou Acua di Nida..
Comezamos a andaina nun día chuvioso que logo foi aclarando por momentos  e en xeral tivemos sorte de poder camiñar sen paraugas nin capas a maior parte do tempo polas beira deste  rio que coa súa riqueza e forza marcou a historia do lugar creando aldeas, muíños, unha fábrica textil e ata unha  pequena central hidroelécrtica.
Despois de parar en Pontedeume para almorzar na cafetería "Las Vegas" e recoller a algúns compañeiros, chegamos a Santa María e iniciamos este recorrido bordeando o Belelle. As súas beiras estaban bastante enchoupadas e en algúns tramos tivemos que facer cambios no recorrido. Pasamos por diferentes aldeas Do Cubo, Jenaro, Carrizo etc  atopando casas e leiras cuidadas, algúns muíños, tamén cruzamos  pontes sempre rodeados dun bonito bosque de ribeira e dun río que leva bastante auga e forma pequenas fervenzas cada tanto, así  pasamos por unha central e chegamos a fervenza do Belelle que estaba  impresionante, colmada de auga cunha caída de 45 m,  unha  verdadeira forza da natureza, convertida en espuma branca, chuvia fina e un forte son de agua bramando: todo un auténtico espactáculo.
Estaba todo anegado neste punto e continuamos subindo máis arriba do mirador para coller o camiño que descorre o lado da canle así ata volver a baixar e coller a ribeira do Belelle que seguía ensinándonos a súa  beleza ata completar a senda na aldea de Pazo.
Despois comemos estupendamente en As Neves cerca de Pontedeume no restaurante "Casa Toñita".

martes, 21 de octubre de 2014

Ruta do río Belelle

O domingo 9 de novembro partiremos ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía hacia o  concello de Narón para facer unha ruta polo río Belelle. Esta  ruta forma parte dunha de 35 kms, dos que nós realizaremos sobre 12 ou 13 kms.
A dificultade: media
Prezo: 25 euros por persoa (bus+comida)
Está por determinar aínda que tramo concreto andaremos.
Imprescidibles: botas de montaña e bastón
Os interesados poden apuntarse xa facendo o ingreso na nosa conta bancaria de Abanca.

Ruta polo río Belelle

viernes, 10 de octubre de 2014

Ruta de Gêres: Trilho de Sao Bento da Porta Aperta e Trilho do currais


A ruta comezou como tiñamos previsto, sobre ás 12.00 estabamos no macrocomplexo relixioso de Sao Bento, o que non contabamos foi cun tempo tan chuvioso, ou si porque as previsións metereolóxicas era mala desde o principio,aínda así a maioría de nós fixo a ruta que parte desde este enclave subindo polo monte, na cara sudoeste e nordeste do val do Río Caldo.
A maior parte do ascenso foi penoso porque coa chuvia e as nubes non se podía distinguir a paisaxe e só tiñamos atención para o camiño e pouco máis, castiñeiros ó lado dos camiños facíanos abaixaros para coñer algunha castaña, os regatos e a correntes de auga que caían do monte erosionado as pedras e desnudando as sendas, aquí e alá algunhas vacas cuns cornos longuísimos e os cabalos, animais aos que tanto ten  tanta agua.
O ascenso foi durillo polas condicións e desnivel o terreo de 220 m pasamos a 630m en poucos kms, polo que optamos non acercarnos a ver o foxo do lobo porque era prolongar a penuria máis tempo, a ruta estaba ben sinalada, anque tivemos un despiste ao dilucidar se continuabamos hacía o foxo ou non, como era circular  fomos baixando desde máis arriba pero mirando sempre o encoro e o mosteiro, neste tramo tivemos a sorte de que a chuvia foi parando e puidemos contemplar as vistas panorámicas, realmente espetaculares. Para cando chegamos a sao Bento xa saia o sol.
Todos comemos ali mesmo e visitamos o recinto tras o cal marchamos e Gêres onde pasamos a tarde.

O domingo amaneceu un día estupendo e tras arranxar a cousas e almorzar iniciamos a ruta desde o mesmiño pobo, tiramos cara España para percorrer o PR-3 ou trilho dos currais. unha ruta ben bonita e dura tamén cun desnivel considerable pois pasamos de 400 m a 950m, unha constante subida ata chegar ao mirador de Pedra Bela, despois fomos volvendo nunha profunda baixada. O percorrido estivo rodeado de árbores e auga constantemente onde sorprendeunos a todos a cantidade de madroños cos seus froitos maduros nas ramaxes e no chan, segundo íamos subindo contemplabamos as montañas de enfrente iluminadas e máis adiante as grandes rocas con fomas tan caprichosas e sorprendentes e no chan unha delicia, unha cantidade enorme de níscalos nas beiras dos camiños. Todos espetacular e sobre todos as vistas desde o mirador de Pedra Bela.

Un lugar para volver e facer máis rutas e un hotel, "Universal", para repetir pois o aloxemento e as comidas foron impecables.