miércoles, 20 de diciembre de 2017

Fontefría- Capela de San Cibrán (Catoira)
















Como todos os anos e un máis os Cen Pés fixemos a última ruta do 2017 para  facer o que nos gusta compartindo  cos amigos e seguindo a tradición de colocar o noso Belén nun rinconciño da nosa terra, desta vez foi elexida  Catoira e a capela de San Cibrán.
Reunímonos as 10.00 en Fontefría para ir polas pistas do  monte Xiabre cara ao interior da ría nunha mañá fría pero agradable para camiñar este  recorrido que vai paralelo ao río Ulla que dicurría alí abaixo cuberto de néboa, un recorrido no que se contempla como a nosa ría de Arousa vaise abrindo ao mar tan bonita, tan máxica que da alborozo mirala, retela nos ollos mentras imos falando todo o rato con uns  e  outros amigos deste xeito chegados a altura de Catoira, o camiño baixa en forte desnivel por sendas de monte, das de sempre e chegamos a destino: a capela de san Cibrán, unha cabaralleira prciosa e acolledora coas súas  mesas, regato, igrexa, crueiro, e unha alfombra chea de follas ....aquí despedimos o 2017 celebramos o aninovo, papamos e bebemos e como no!!!..escondimos o Belén de CEN PÉS!!!, ese que nos trae sorte para as futuras  rutas do 2018.




lunes, 18 de diciembre de 2017

Fontefría-Capela de San Cibrán

O Domingo 17 de decembro partimos para facer a última ruta do 2017 desde a igrexa parroquial ás 9.30 e tamén desde Fontefría en Xiabre ás 10.00 para ir ata a capela de San Cibrán en Catoira.
Dificultade: fácil
Percorrido: 10km.(circular de ida e volta)
Compartirmos turrones, dulces e colocaremos o noso Belén.

jueves, 30 de noviembre de 2017

Ruta Sabucedo- Codeseda


Neste día tan soleado collemos carretera ata Estrada para facer unha ruta tan popular como a que fan cada ano na Rapa das Besta en Sabucedo. Partimos desde o curro onde reunen as bestas, un espectáculo ao que nunca asistín, así que foi novo para min, rodeado dunha preciosa carballeira.
 Cruzamos a aldea e baixamos ao río, pasamos por diante de varios muíños, os de Vesacarballa, unha zona moi bonita.
Continuamos por carballeiras e fomos subindo ao alto do monte a uns 964 m de altitude con menos vexetación e  árbores  onde pastan vacas e bestas en total libertad. Desde alí distínguense ao lonxe neste día claro as distintas pobacións da contorna ata as torres do areoporto de Santiago e din que nos días máis claros as torres da Catedral de Santiago.
Fomos  baixando  para ir paralelos ao río Umia e logo ao regueiro de Fontefría, así novamente entre prados chegamos a aldea  Agrela e de aí rematamos na carballeira de A Sagrada en Codeseda.

martes, 31 de octubre de 2017

Ruta de Sabucedo

Informamos que a próxima saída será o domingo 19 de novembro ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía partiremos a Estrada para realizar a ruta de Sabucedo a Codeseda.
Distancia: 13 km, lineal.
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros( bus+comida)
Aberto o prazo de inscripción

martes, 10 de octubre de 2017

Ruta Maquino Largaño-Luintra







Esta ruta descorre pola Ribeira Sacra, polo que é fermosísima.
Fixemos un tramo do antigo Camiño Real que vai dos Peares ao mosteiro de San Estebo do Sil, este camiño tamén coñécese polo nome de Maquino Largaño,que en xerga dos afiadores significa "Camiño longo", do que se pode senderear os 21 kms ou menos, uns  14 kms que está no PR-G 178, está moi ben sinalada e enlaza con outras rutas da zona. Nos fixemos unha variación desde a aldea de Luintra que pertece ao concello de Nogueira de Ramuín.
A ruta é preciosa porque vai por bosques, carballeiras e soutos con árbores preciosas que aínda levan postas as súas  follas, pero tamén deixaban caer  outras tantas tapizando os camiños e facendo  todo máis agradable si cabe.
Fomos en plena celebración do Samaín e atopamos en parte do recorrido adornado con estampas de medo, esqueletos, morcegos, visceras de animais colgadas, arañeiras etc, fomos pasando por distintas aldeas Monteverde, Mundín, Bidueiro, un camiño para disfrutar con varios monumentos que ver como as mámoas da Moura, e o miradoiro de Pedra Longa por onde pasamos pero que non se distinguía nada pola néboa: Fomos subiendo de zonas baixas a unha certa elevación desde onde chegamos a divisar o Sil ao lonxe e o Mosteiro de San Estebo para logo volver a baixar.
O camiño que leva ao mosteiro foi realmente unha maravilla con castiñeiros centenarios e  ainda coas rodeiras dos carros labradas nas pedras, a veces  máis estreito entre muros cheos de musgo, serpeteando para salvar aos desniveis. Así contemplando a paisaxe, a aldea no alto, o mosteiro no outro lado do monte entre as árbores, chegamos a San Estebo e lle fixemos unha visitiña e seguindo camiño  rematamos na aldea de Pombar con esa alegría que deixa unha boa experiencia.

lunes, 9 de octubre de 2017

Saída a Luíntra (Ourense)

Informamos que o domingo 29 de outubro realizaremos unha saída pola Ribeira Sacra, a ruta coñecida como "Maquino Largaño" ou  PR-G 178, unha ruta homologada que discurre por carballeiras e soutos e vai por parte do antiguo Camiño Real que leva ao mosteiro de San Estevo.
A hora de partida é as 7.30 da mañá desde a praza de España. Tende en conta ho cambio de horario do sábado noite no que hai que retrasar unha hora.
Distancia: sobre 14 kms, pero probablemente faremos sobre 12 km.É circular.
Dificultade: moderada con pendiente cortas pero fortes.
Inscripción: 25 euros.

sábado, 30 de septiembre de 2017

O Vicedo- Fuciño do Porco

Esta foi unha ruta preciosa para principio de tempada.
 Nun día fermoso sen unha nube no ceo collemos camiño hacia o norte, paramos en Viveiro para almorzar e seguimos co bus ata o aparcamiento que leva ao Fuciño do porco ou punta Socastro, deixando atrás a aldea e a praia da Abrela. Do pequeno aparcadoiro ata a costa tivemos que facer un treito de monte e costa que vai baixando ata os cantís. As vistas son espctaculares desde o primeiro momento porque  se divisa ao lonxe os cantís que miran a o Vicedo e illa Coelleira, segundo fómonos acercando xa se distingue Punta Socastro chamado Fuciño de Porco que é un macizo de rocha que métese no mar, e ao que pode chegar a través unhas pasarelas de madeira, desde alí vese toda a costa, a esquerda o praia e a ensenada de Pereira e illa Coelleira e a dereita o illote A Gaveira, a praia de Abrela e a entrada da ría de Viveiro, Todo un espectáculo impresionante; fixemos este recorrido de ida e volta para volver ao bus e parar de camiño no mirador coñecido como o Miradoiro da Ria de Viveiro. Continuamos un treito máis adiante a medio camiño da praia de Area Grande, que é onde comeza ou remanta a ruta PR-G 156; nós acortámola un pouco polo tempo, así collemos a costa e fixemos sobre 3 kms ata o miradoiro de illa Coelleira, que está enfrente, seguimos disfrutando do paseo e pasamos pola praia de Xilloi, grande con área recreativa e máis adiante por unha máis recollida e area branca e ao lado dunha antiga fábrica de salazón, a praia de Caolín e collendo o paseo que leva ao puerto de O Vicedo pasamos pola praia de O Vidriero, as tres cun auga, e unha area fina e limpas que daba envidia non poder bañarse. Chama a atención aquí a costa estaba chea de ostras nas pedras das praias que distinguíanse moi ben por estar a marea baixa. Rematamos no porto de O Vicedo.

sábado, 23 de septiembre de 2017

Ruta a O Vicedo

CEN PÉS comeza o outono con novas rutas para o 2017-18, así é que o domingo 8 de outubro realizaremos unha ruta costeira por o Vicedo; partimos ás 7.00 da maña desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
As rutas serán a de Fuciño do Porco (4km) e o PR-G 156 de Costa do Vicedo (11kms)
O prezo por persoa son 30 euros (bus+comida), xa se poden apuntar os senderistas o luns 25 de setembro.

domingo, 2 de julio de 2017

Rutas polo Gerês



Aínda que xa pasou un tempo, estas rutas de dous días polo Gerês quedaron grabadas na memoria. Nesta saída tivemos uns días de temperaturas que chegaron a 39º o que limitounos para realizar as rutas programadas.
O sábado  paramos antes de chegarmos a Gerês, debido ao calor decidimos realizar unha pequena andaina polas Lagoas de San Pedro d'Arcos coñecidas por nós en outras ocasións e que son un lugar moi agradable cun coxunto de  pasarelas por riba das lagoas á sombra da vexetación, das árbores, un paseo suave, llano e fresco que permitiu visualizar desde as casetas os paxaros que poboan a lagoa e o río Estorâos. Só que desta vez o humedal  presentaba un aspecto reseco pola  falta de chuvias.
Fomos a comer a ribeira do río en Ponte de Lima, un pobo moi bonito e coidado que andaba en romería con grupos de xente comendo e cantando na alameda do río. Terminamos a tarde no pobo de Gerês e dounos tempo para repoñernos do intenso calor na piscina, ou  no hotel, e a noitiña pasear a fresca polo pobo.

O domingo a ola de calor non baixaba así que madrugamos para realizar o Trilho da Preguiça, unha ruta con moita retranca no nome, porque non se pode ter xuntamente preguiza para facela, en xeral esta zona non hai rutas fáciles, todas teñen grande pendientes, ésta tamén.
Primeiro tivemos que achegarnos andando por estrada dous o tres kms porque cun bus tan longo era difícil maniobra nas curvas en unha estrada con bastante tráfico xa que é a que conduce ao camping e a Galicia pola Portela do Home ( porto de 822 kms)que cruza a serra do Gerés. Nós desviámonos a altura do lugar chamando a Encosta do Arnado, en plena serra do Peneda-Gerês na vertente esquerda do val-faia formado polo río Gerês. O sendeiro pedestre é circular duns 4 kms  con dificultade media-fácil, o que complicou máis foi as elevadas temperaturas, pero realmente e unha ruta formidable para da natureza entre carballos e vexetación variable piñeiros, madroños e unhas preiciosa vistas panorámicas desde o miradoiro etc. Parte da Casa da preguiza(de 650m de altitude) e pasa por distintos lugares ribeira da Laja, miradoiro, ribeira da Cantina, outro miradoiro máis elevado( sobre 800 m), a fervenza de Leonte que era unha desviación de 1,5 kms que apenas levaba auga, cruzamos eso si o río Gerês por dous puntos e tamén algunha fervenza máis en outros tramos do recorrido. Unha ruta moi recomendable.

jueves, 15 de junio de 2017

Saída ao Gêres

Informamos que o sábado 17 partiremos desde a praza de España ás 8.30 da maña para  iniciar a saída de dous días polo Gêres.
Para a ruta do sábado, non pararemos para almorzar polo que xa tendes que vir de casa almorzados e con comida e bebida, pois comeremos facendo a ruta.
Como se espera calor e sol  recordade vir ben equipados ademais de con  botas e bastóns, con sombreiro e protector solar. Tamén recomendamos bañador, chanclas e toalla, xa que no hotel non dispensan toallas de praia.

jueves, 8 de junio de 2017

Sendeiro do río Barbantiños (Carballiño)

Para percorrer o sendeiro do río Barbantiños os Cen Pés acercámonos pola estrada N-541 en  Puxín, na Forxa, para diante do concello baixar cara o río pasando tamén polo camiño diante dun pazo y da capela de San Roque, así chegamos a ribeira onde hai unha fonte termal e uns pasos que cruzamos para camiñar pola beira esquerda do Barbantiños. Xa do primeiro momento parece que nos adentramos nun bosque encantado, con árbores de todo tipo, salgueiros, ameneiros, carballos e fentos enormes. Este río nesta época non leva moita auga porque hai unha presa para explotación hidráulica.
Seguindo a beira por algunha pasarelas para salvar os desniveis chegamos a fervenza de do Viñao ou Cachón, unha caída de auga de 15 m. de altura, xa polo camiño atopamos varios muíños e moitos restaurados, continuamos e pasamos pola minicentral do Barbantiños e cruzamos ao outro lado do río, pasando por un túnel, baixo a vía do tren e pola ponte de arcos apuntados de San Fitz, e dimos volta vendo ao lonxe as magníficas e altísimas pontes do Ave e tamén da autoestrada e nós por entre campos e bosque para logo retornar ao ladiño do río.







lunes, 15 de mayo de 2017

Sendeiro do río Barbantiño

O domingo 4 de xuño os Cen Pés colleremos rumbo ás 8.00 da mañá desde a praza de España  a Puxín, cerca de O Carballiño para facer o sendeiro do río Barbantiño.
Distancia: 12 kms.
Dificultade: fácil.
Prezo: 25 euros (Bus+comida) 

domingo, 14 de mayo de 2017

Ruta de Caveiro e Aguieira(Porto do Son)

Esta foi unha ruta fácil, agradable case doméstica, vimos a desembocadura do río Quintáns, percorrimos a praia de Aguieira ata a punta onde se encontra a antiga fábrica de salazón. Viramos ao interior e por pistas e camiños fomos pasando por diferentes aldea, meredendros e a igrexa de santa María de Nebra do s.XVIII, continuamos ata chegar ao miradoiro da praia de Caveiro desde onde se ve unha bonita panorámica da ría de Noia e Muros e o monte Louro, baixando a praia e camiñando por ela, continuamos a ruta ata rematala moi cerca de onde a iniciamos.




jueves, 27 de abril de 2017

Ruta de Caveiro e Agueira (Porto do Son)

Informamos que a próxima saída realizaremola o domingo 14 de maio ata Porto do Son para facer o R3 de Caveiro a Angueira, partiremos da praza de España ás 8.00.
Distancia:13.5kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros


Máis infomación

sábado, 15 de abril de 2017

Ruta de " A Cubela"- Ribas do Sil

Nun día fantástico para camiñar, aínda que un pouco caluroso, comezamos esta ruta circular en Castro de Abaixo, un percorrido de 14 kms que parte no entorno Aguasmestas onde nos deixou o bus e vai subindo polo Camiño Sur  de Santiago ou tamén chamado Camiño de inverno, forma parte no seu 50% na Rede Natural Ancares-Courel.
Pouco a pouco fomos subiendo entre  hortas, prados con gando, camiños bordeados de pedras e soutos de vellos castiñeiros que non deixaron de sorprendernos coas súas formas, árbores que deberíamos coidar con mimo e cariño porque son verdadeiras esculturas. Así chegamos a aldea de Tobeo onde tomamos un viño fresquiño na taberna e visitamos a escapada a igrexa do s. XII-XIII.
 Esta quizás foi a etapa máis esixente; logo fomos baixando e collemos o camiño que leva ao miradoiro de Louxoá. Nótase que estas terras son ricas en todo, gando nos herbais, montes cheos de todo tipo de árbores, sobreiras, madroños, caballos, castiñeiros, e como no o viño que se desparrama nas abas do Sil, o rico mencía, tal vez non se vexa por aquí tanta vides como noutro zonas, pero non faltan. É unha zona  rica  en flora e fauna. 
Pasamos por Pena tallada, unha pena labrada polo home para deixar pasar os carros e o gando e levounos ao meandro da Cubela, que nos deixou boquiabertos, é espetacular esta paisaxe, parece un xigantesco animal prehistórico visto frente a frente, pero non;  tampouco  é este meandro de case 360º froito do río, senón dunha fractura orográfica na placa de granito, arenisca e cuarcita de máis de 360millóns de anos. É realmente fermoso,  a altitude  aquí íalcanza os 600m. e resulta incrible que os homes desta terras lograran salvar tremendo desnivel a base de esforzo, moito traballo e tan pouca tecnoloxía.
A baixada faise máis pronunciada ata chegar a aldea de A Cubela, pequena e bastante restaurada. Nós seguimos de largo pegados a beira do Sil por un camiño estreito ata chegar a ver a desembocadura do río Lor no Sil, para virar cara ao interior e volver a Castro de Abaixo cansos pero satisfeitos, rebosantes de tanta fermosura.