domingo, 28 de enero de 2024

Ruta dos muíños do río Té-Rianxo(28/01/2024)

 O domingo 28 de xaneiro retomamos os máis de Cen Pés  a nosa actividade: camiñar e disfrutas deses espazos naturais tan  verdes  que aquí  temos. Despois dos días de festas e de tanta chuvia, a dificultade foi seleccionar unha ruta que non estivese anegada, así pois unha boa opción foi "a ruta do río Té- PR-G 261" ao outro lado da ría.

Unha senda fácil de uns 12 km que nos iniciamos no paseo marítimo de Rianxo, 2 km antes do cartel que informa sobre a mesma, que vai a maoiría do tempo  paralela ao río Té, rodeada dun bosque de ribeira con carballos , freixos, ameneiros e tamén prados e leira preto dalgunha aldea da contorna, atopamos moitos muíños xa en desuso e en ruina, unha pena. 

O río Te estaba marabilloso, ben  enchido , rápido e coa auga limpa, onde se distinguía un fondo areoso e unha auga dunha cor case turquesa que invitaba a un chapuzón...unha preciosidade. 

Foi unha ruta de ida e volta ata unha área recreativa, onde descasamos e iniciamos a volta pola outra beira do Té. Despois da comida achegámonos a visitar a ferbenza de Cardanoso.

Unha ruta moi recomendable pola cercanía, bastante ben conservada e sobre todo por un entorno precioso.