lunes, 22 de diciembre de 2014

Belén nas cumbres


 
 

 
Un día fantástico para saír a camiñar antes do fin de ano cos amigos de andainas, comemos dulces e brindamos por todos eses kms recorridos e por recorrer. Celebrámolo en Catoira pola costa e logo subimos aos muíños e por esta zona deixamos o noso Belén e cantamos paixoliñas. Despois outra vez abaixo e a maioría  do CEN PÉS celebraron a comida no restaurante da Pedra. ¡¡¡Celebrar por esta fernosa paisaxe nosa,  por tantas sendas feitas e por facer, por todos nós que poidamos segurir disfrutando e compartiendo!!!

lunes, 8 de diciembre de 2014

Belén nas cumbres

Informamos que o domingo 21 de decembro faremos a última andaina do ano 2014, partiremos sobre as 9.30 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía en coches particulares para recorrer uns 5 kms por Catoira e colocar o noso Nacemento e cantar paixoliñas, celebrar con dulces e brindar porque facemos xuntos o que nos gusta.
Solicitamos que os que vaian á ruta o comuniquen tamén chamando os directivos para saber cantos imos.
Á volta haberá unha comida que pode acudir senderistas e tamén acompañantes, para o que só hai que ingresar o prezo da comida que son 25 euros por persoa.

¡¡¡BOAS FESTAS E BO NADAL PARA TODOS!!!

domingo, 7 de diciembre de 2014

Ruta por Valença: Trilho do mosterió






Unha ruta bonita nun día estupendo, que máis se pode pedir!!
Iniciamos a andaina desde a igrexa de Cerdal, cruzamos o pobo entre casas e fincas adicadas ao viño e a horta cara ao monte que tiña unha vexetación variada, atopamos algúns regatos e o río. Fomos collendo cada vez máis altura pouco a pouco e pasamos por diferentes aldeas ben cuidadas con boas casas señorais como a casa blasonada de Cubes e tamén por Aldete e Gondím cun bonito lavadero. A pendente ía a máis e segundo subíamos, víamos todo o val. Pasamos por diante do club de parapente que estaba pechado e chegamos a fervenza de Grova, que serviumos para descansar un intre e agruparnos. De aquí aa Mosteiró foi un breve tramo. Aí nesta ermita e o que foi primeiro mosteiro benedictino de Portugal fixemos una foto de grupo e contemplamos as fermosas vistas panorámicas do val coas súas poblacións diseminadas e rodeadas de suaves montañas. Despois fomos baixando por vellos camiños que levan a xente en peregrinación a Mosteiró, en Bacelar atopamos a capela de Señora da Ajuda e volvemos outra vez a Cerdal.
A sensación que queda despois de facer a ruta é satisfación e tranquilidade porque sen ser un paisaxe diferente o galego, no monte e arbolado, nos camiños de pedra e as fincas separadas por valados de granito, algo en cambio era distinto, tal vez algo máis ordenado  nas disposicións das casas e aldeas, sen feismo, abandonos, ou deterioro. Tal vez niso radique o maior encanto, e esa sesación de que "aquí todo está ben coidado", niso e na cantidade de caquis sen follas que tiñan pendurando das ramas as froitas de intenso cor laranxa.