lunes, 22 de mayo de 2023

Senda Costa Naviega(22/05/2023)

 

O luns 22 de maio deixamos Langreo despois do almorzo e collimos rumbo de retorno a Galicia, pero antes acercámonos a Navia para realizar unha ruta: a Senda  da Costa Naviega, un recorrido fácil de 19 km. Nós camiñamos o primeiro tramo desde a praia de Barayo ao pobo de Puerto de Vega, pero aínda hai dous tramos máis ata rematar en Punta das Cascareiras. Esta senda e lineal.

Iniciamos a ruta preto da costa, recorrendo o tramo final da ribeira do río Barayo, para chegar a praia onde verte a auga este río, a partir da aí é todo costa, percorremos a praia para seguir polos beira  dos acantilados, contemplando a forza do mar e as estratificacións rocosas, pasamos diante das ruinas do catro de Vigo, tapado pola vexetación de toxos, e por a terras  de labranza que aquí parecen están coidadas.

 Así nun agradable paseo chegamos a Puerto de Vega, un bonito puerto mariñeiro que debeu ser un refuxio clave e defensivo no pasado, contra os piratas, aínda conserva parte das almenas e baluarte do castelo.  Rematamos esta derradeira ruta tomando unhas sidras no porto para logo continuar cerca de Ribadeo para xantar en "O Lar de Carmiña", un restaurante xa coñecido por nós doutras saídas onde sempre nos tratan ben.


domingo, 21 de mayo de 2023

Ruta da fervenza do Tabayón do Mongallu (21/05/2023)

O domingo 21 tralo almorzo o bus acercou aos Cen Pés ao pobo de Tarna, un pobo peculiar, con casas iguais en rúas ordenadas, a razón é que foi un pobo destuído durante a guerra civil e rconstruído posteriormente.

A ruta ven sendo sobre un 10 km algo máis se se sube ao Llano de Toru a ver "robledones", dous enormes carballos de gran grosor e antiguadade(11.5 kms).  Os primeiros kilometros son os que teñen máis pendente con  subida constante, despois serrá máis variada.

Os Cen Pés continuaron pola senda ao Tabayón, unha ruta ben sinalada e espectacular desde o principio no que se sumerxe nun bosque de faias, o monte Saperu, que neste tempo primaveral derraman todo o seu verdor, sen dúbida no outono cando todas estas árbores cambien nuha variedade de múltiples cores, sexa aínda máis máxico , pero o certo é que a subida para contemplar a fervenza descorre por un lugar que traspórtanos ao centro da natureza con exemplares de árbores sorprendentes na súa beleza e formas, un lugar impresionante, onde o camiño está preparado para que corran as augas, onde se atopan pontes, e ata unha zona de descanso con mesas, onda a "fonte dos Arellales". O camiño segue e  vaise abrindo, deixando ver a fervenza ao lonxe.
Alí na Campona, rodeados de montes e coa fervenza do Tabayón do Mongallu, despois de acercarnos a fervenza, fixemos un descanso para logo continuar de baixada en esta ruta circular pola conca do río Nalón para chegar novamente  a Tarna.
Tras esta ruta acercámonos a Laviana para xantar no restaurante "La Casona de Entralgo", onde degustamos unha riquísima fabada entre outras cousas.
 








sábado, 20 de mayo de 2023

Ruta de Alba(20/05/2023)

 No fin de semana do 20 ao 22 de maio, aproveitando que en Vilagarcía o luns era fetivo local, adicado a Sta Rita, os Cen pés realizamos unha saída de tres días  a Asturias, e  cada día programouse unha ruta.

O sábado fomos directos a percorrer a Ruta de Alba.  Partimos do pobo de Soto de Agues para realizar esta ruta fácil de recorrido lineal de 7.1 km + 7.1 km, ida e volta,  que vai paralela ao río Alba, en leve pendiente ascendente por unha senda asfaltada durante cinco kilometros ata chegar a unha pequena área recreativa, zona que lle chaman a Vega. Dende a alí a subida ten máis pendiente e cambia a senda de terra que adéntrase por un desfiladero onde as paredes da montaña caen en moitos sitios en voladizos, teitos de rocas que suspéndense sobre o camiño, e o río estreitase formando pozas e fervenzas, un entorno precioso no que só se escoita o ruído da auga e o paxaros e o olor a terra e húmedade está no ambiente. Así acompañados desa paisaxe impresinante na que as rocas e os picos teñen formas evocadoras chegamos á Cruz de los ríos, onde hai un antiguo refuxio de pastores e zona de descanso con mesas, alí comimos.

Tras o xantar   fixemos o retorno, redescubrindo o impresionante entorno desta parte do parque natural de Redes, que por algo foi declarada esta Ruta de Alba  Monumento Natural desde o 2001.

 









De Soto de Agues marchamos a Langreo directamente ao hotel AZZ Langrehotel.