lunes, 29 de septiembre de 2014

Rutas pola serra do Gêres

Informamos que a próxima saída da nosa asociación é de dous días, 18 e 19 de outubro a serra do Gêres en Portugal.
Marcharemos o sábado 18 ás 8.00 da mañá, este primeiro día teremos que levar nós a comida xa que comeremos polo camiño, facendo a primeira ruta.
Iremos por Braga e pararemos no santuario de San Bento da Porta Aberta, xa na entrada do Gêres; pensamos chegar cerca do mediodía e comeza ruta circular sinalada como PR.7, catalogada con dificultade media de 11kms aproximadamente.
Trilho de Sao Bento- PR7

 Ao rematar a andaina marcharemos ao pobo de Gêres, vila termal, recomendable para os que lle interese levar bañador. Aloxarémonos no hotel Universal. Onde tamén cearemos, almorzaremos e xantaremos  o domingo.
O domingo 19 farémola outra ruta nos arredores,  a ruta PR.3 ou PR6 sobre uns 10kms con nivel de dificultade media alta, e tras a comida voltaremos.

Trilho dos currais- PR3

O prezo é de 80 euros(tranporte, cea-almorzo-xantar e aloxamento) para os novos ou os senderistas que fixeron menos de cinco saídas o ano pasado, e para os senderistas que fixeron máis queda en 70 euros por persoa.
Dicir que as prazas están xa cobertas pero poden haber baixas de última hora por tanto se alguén desexa paticipar pode preguntar aos directivos por se hai prazas.





miércoles, 24 de septiembre de 2014

Costa Ártabra

Esta foi unha ruta estupenda cun día envidiable.



Marchamos a hora prevista e tras almorzar acercámonos ao lugar de Espiñeira onde un membro da Asociación Montaña Ferrol presentouse e explicounos un pouco como ía ser a ruta creada, mantida e sinalada por eles cunha dobre frecha amarela e violeta. Esta ruta, que estaría en todo momento moi ben marcada, forma parte dun percorrido de 50kms arredor de Ferrol, nós fixemos sobre 14 kms, case todos mirando a costa Ártabra que é moi bonita.
Saímos de Espiñeira cara ao monte, unha forte subida que indo a modo levouse mellor, así ata o coto da Lagoa, pasamos ao lado do antiguo cuartel militar de aviación, que nunca chegou a estrearse, (información de primeira man, da nosa compañeira Maricarmen, filla do guardés), chegamos a zona máis alta desde onde contémplase toda a costa, a ensenada  de Covas, alí relatounos o compañeiro de Montaña Ferrol, todos os lugares e detalles destas terras, da igrexa de Sta Comba ata da serra de Faro, da que se pode chegar a ver os Ancares nos días máis claros, etc..
Logo desta pequena parada continuamos baixando cara á zona de despegue de parapentes, pasamos diante das primeiras casas e chegamos a praia de Ponzos que é unha preciosidade, larga cun mar azul e unhas ondas das que disfrutan en esta época sobre todo os surfistas. Fomos paralelos a praia ata o final onde están as illas coa capela de Sta Comba, continuamos baixo o sol un pouco abafados. pasamos por diante dun antigo campo militar de tiro  e pasamos á praia de Vilar, así seguindo as frechas en todo momento  fomos recorrendo a costa cunhas vistas impresionantes. 
Despois de comer moi ben, fomos a dar un paseíño por Ferrol, na parte vella onde  hai exemplos de casas moi bonitas e doutras  moitas que están por desgraza caendo sen remedio.
Desde aquí queremos expresar o noso agradecimento a Maricarmen que fíxonos de guía e preséntounos a Montaña Ferrol, ademais recoméndounos o restaurante máis apropiado para xantar: todo un pracer estar polas súas terra.

jueves, 4 de septiembre de 2014

Costa Ártabra

Xa chegou setembro e comezamos ás nosas andainas neste 2014-15, e como estamos cunha temperatura agradable e a todos quedounos gañas de estar cerca do mar e prolongar así este inestable verán, camiñaremos pola costa ártabra, cerca de Ferrol o domingo 21 de setembro, partiremos desde a igrexa parroquial de Vilagarcía ás 7.30.

Percorrido: 14 kms
Dificultade: media
Prezo: 25 euros por persoa

Os interesados en participar nesta actividad, habituais ou novos senderistas, poden ingresar os cartos na nosa conta na entidade  A Banca o luns día 8 ata completar bus.

Ademais informamos que CEN PÉS comprou unha partida de bastóns de senderismo usados pero en perfecto estado para que os que o desexen e non os teñan, poidan adquirir os por 2 euros o bastón.

Recordamos que as recomendación para equipación na práctica deste deporte é:
- Calzado adecuado: imprescindible levar botas de senderismo(de cana alta ou baixa) para que agarren ben ao chan e evitar as caídas; por favor non se debe levar outro tipo de calzado,( os tenis son cómodos pero resbalan e unha caída comprométenos a todo o grupo).
-Roupa apropiada segundo a estación. No inverno levar roupa de  abrigo e un  impermeable. Na primavera roupa máis fresca e gorro ou sombreiro.
-Bastóns. É importante a utilización dos bastóns, aínda que sexa só un, para apoio, se non se usa, sempre se pode encoller e levar na mochila.
-Alimentos: todos deberíamos levar auga e un pouco de comida( dulces, froitos secos, froita...) para evitar deshidratación, golpes de calor ou baixadas de azúcar.
-Roupa de reposto: é aconsellable pero non imprescindible, para un recambio, incluido calzado.

Outras recomendacións é que unha vez en ruta,cando inicimos o camiño nunca perdamos o contacto visual coa persoa que vai diante de nós ou detrás.