miércoles, 29 de mayo de 2013

Carboeiro-Ferbenza do Toxa

A próxima saída será o domingo 9 de xuño, partiremos ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial.
Esta ruta é circular, empeza no mosteiro de Carboeiro baixa polas ribeiras do río, segue paralelo ata Merza e de aquí ata a Ferbenza do Toxa, logo e volver.
Dificultade: fácil.
Percorrido:11 kms
Prezo 25 euros por persoa.

miércoles, 22 de mayo de 2013

La Alberca





A saída a La Alberca cumpliu con todos os obxectivos e superámolos. Nunca fixeramos ata de agora unha viaxe de tantos días, que deran  a posibilidade de facer tantas cousas camiñar, coñercer lugares novos e facer  compras...Así case todos puidemos  realizar tres rutas: A da Peña de Francia, a Mogarraz e a San Martín del Castañar, ademais de coñecer o pobo de La Alberca, pasear por Salamanca e por Ciudad Rodrigo acompañados dun tempo bastante  variable como corresponde a primavera.
O primeiro día, paramos unha hora para comer en Poboa de Sanabria, o tempo aquí estaba desapacible con chuvia e frío non deu para máis, só estirar a pernas e comer algo..
En cambio en Salamanca disfrutámolo moito máis, o bus deixounos ao lado do mercado por uns do laterales de acceso a praza Maior, tivemos sorte porque foi baixar  do bus e parar de chover e mellorar. Todos desperdigámonos pola zona vella en torno da catedral e a universidade ata o Tormes. Qué dicir de Salamanca, senón que unha cidade preciosa, dourada feita en esa perda arenisca( tamén chamada franca ou de Villamayor)  que co a luz do atardecer vólvese case rosa  e dun dourado intenso case cobrizo, unha cidade que se pode percorrer a pé con facilidade con montón de curiosidades e maravillas que descubrir  desde as catedrais co seu astronauta na porta  ou a ra na fachada da catedral a ata os impresionantes claustros como o que da acceso a biblioteca ou as rúas, ou a impresionante praza maior. En fin seguimos viaxe e as sete partimos para La Alberca que está hacia abaixo cerca da provincia de Cáceres(75Km de Salamanca), chegamos ben de tempo para distribuirnos polas habitacións, cear e dar un paseo nocturno do pobo.
La Alberca é un pobo impresionante declarado 1940 Conxunto histórico, é simplemente precioso, coas súas casas típicas da zona, súas rúas empedradas, as prazas o ruelas, o museo etnográfico, a igrexa o pilos...
O segundo día, o sábado partimos cedo do hotel para facer a ruta da Peña de Francia,GR 10, 8.3 km. Fomos ascediendo entre pinos, vendo ao lonxe a peña de Francia cuberta de nubes( pensado no peor), fomos ascendendo pola parte baixa do monte cuberta dunha vexetación variada na que predominaba  o verde das árbores e o extenso rosa con pinceladas de branco do brezo, mellor dito da carqueixa que aquí tamén a teñen branca. Despois de cruzar un regato a subida era con máis desnivel e o tempo foi empeorando ata  ver como a paisaxe  ía branqueando segundo ascendiamos, ao principio a vexetación, as xestas vianse xeadas para logo ver os pinos máis arriba completamente nevados, asi no último tramo a néoba mesturouse coa nevada que caí: Todo un espectáculo totalmente inesperado. Algúns tamén decidemos baixar un tramo de recorrido andando, e en pouco tempo segundo íamos descendendo foi clareando por momentos e deixounos contemplar unhas vistas panorámicas estupendas que non descubriramos nas subida.
Pola tarde a maioría fixo a ruta que chega ata o pobo de Mogarraz, outro dos pobos declarados hitóricos, que tiña unha peculiaridade, a exposición de retratos dos antigos propietarios das vivendas, que penduraban das paredes de moitos edificios e foran pintados por un artista baseándose en vellas fotografías coas que os habitantes do pobo fixeran o DNI. Unha exposición que despertaba un sentimento ambiguo, chamativo e innovador  por un lado, pero polo outro dotaba ao lugar  dun aspecto funerario. Tamén  aquí estivemos a visitar unha fábrica de xamóns, onde tamén houbo un sitio para as compras e antes da cea visitar La Alberca.
O domingo tamén realizamos a última ruta antes de comer, a San Martín del Castañar, partindo tamén desde la Alberca fixemos unha ruta preciosa, entre unha vexetación variada, de árbores, regatos e descampado, camiño   entre peñas e flores de azafrán, moita lavanda silvestre e papoulas, así chegamos ao pobo, pequeno e moi bonito coa praza con fonte e para de toros  xunto o castelo.
Á volta deunos tempo  comemos no hotel estupendamente, en xeral a estancia neste hotel sito na entrada da Alberca foi moi boa pola comida, trato e instalacións. Despois de comer tocou o regreso; polo camiño fixemos unha paradilla en Ciudad Rodrigo. 
Unha saída de tres días inolvidables.

miércoles, 8 de mayo de 2013

La Alberca- Salamanca: aviso

Avisamos que hai prazas vacantes  para senderistas que queiran ir a La Alberca, debido a que deronse de baixa algunhas persoas.
Os interesados a participar nesta saída  poñanse en contacto con algúns miembro da directiva de Cen Pés.

viernes, 3 de mayo de 2013

Saída a La ALberca (Salamanca)

Os días 17, 18 e 19 de maio saíremos de Ruta por La Alberca, coincidiendo coa ponte das letras galegas.
Partiremos o venres 17 ás 10.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía, o noso punto habitual de encontro.
1º- Este día 17 de "ida"faremos dúas paradas:
  • Unha, na hora do xantar en Puebla de Sanabria; a comida vai pola conta de cada un, así que pódese organizar de bocata ou de restaurante, darase tempo para comer.
  •  A outra parada será en Salamanca: Deixaranos o bus no centro, por exemplo, na Praza Maior e recolleranos na ponte romana do río Tormes.
  • Esperamos chegar a La Alberca sobre as 9 ou 9.30 para distribuirnos nas habitacións e cear. A cea e o aloxamento xa vai incluído no prezo da saída e será no hotel "Las Batuecas"
2º- O sábado 18: temos pensión completa. Faremos unha ruta aínda por determinar, pois depende da climatoloxía pode ser a "Las Batuecas", o "Camiño de las raíces" ou a "Peña de Francia".

3º- O domingo 19: faremos unha ruta pola mañá. Tralo xantar iniciamos a viaxe de volta. Pararemos en Ciudad Rodrigo. Seguramente chegaremos tarde, entreas 11 ou as 12 da noite.

O prezo da saída de tres días  é de 80 euros para os senderistas e 100 euros para os que non o son (ou fixeran menos de catro saídas o ano), os que pagaron a reseva de 25 euros teñen que descontalos, é dicir, toca ingresar 55 euros por persoa o 75 para os non senderistas. Inclúe este prezo o autobús, estancia no hotel, cea do primeiro día e pensión completa do sábado e almorzo e xantar do domingo.
Solicitase facer o ingreso antes do 6 de maio. Os que non poidan ir, rógaselles avisen canto antes porque hai xente en reserva e para unha mellor organización.
Por outra banda ir ven equipados.


jueves, 2 de mayo de 2013

Pontes do Lérez






Partimos desde terreo coñecido: o mosteiro de Aciveiro.
Baixamos pola parte de atrás da igrexa e pasamos pola aldea de O Cotiño para coller o río Lérez e seguir pola súa ribeira durante parte do percorrido.
A primeira parte desta ruta ata a ponte de Andón xa fixémola noutra ocasión, sen embargo parecía distinta,  moito máis verde, cun musgo largo e mullido que colgaba das pedras, árbores, muros, tellados dos muíños...e  tantos muíños hai nesta ruta que foron díficil contalos, pena que como sucede en case todos o ríos de Galicia, a grande maíoría presentan un estado ruinoso, de abandono, que deixa un sentimento  de perda, de pena por  un pasado ido e tan pouco respetado ni conservado.
Seguimos nesta ocasión pola ribeira do Lérez  pasando por diferentes pontes, algunhas  medievais coma a de Andón, por pontellas e pasos. Nun tramo de ruta subimos ao pico Valiñas, un precioso contraste nesta época co río, todo  era amarelo dos toxos e xestas floridos, un gozo para a vista como o resto da ruta.
Volvemos ao lado do río por sendas de pescadores nuns momentos, noutros por camiños que aínda están empedrados, nos  que a auga baixaba  en pequenos regatos,  moitos deses camiños encerrados por muros ..
Impresionantes son aquí  as árbores, estes bosques de ribeira con carballeiras de exemplares altísimas e retorcidas. Tamén pasamos por prados, disfrutamos dun río que vai baixando en curvas, poucas veces é rectílineo, deixando espazos encantadores con  pequenas fervenzas ou caídas que facían unha paisaxe pouco monótona.
En definitiva unha ruta preciosa, aínda un pouco anegada, pero preciosa.