lunes, 26 de febrero de 2018

Ruta do Rego dos Muíños (Cabana de Bergantiños)


Esta foi unha bonita ruta nun bonito día.

Chegar a Cabana de Bergantiños leva seu tempo, así que marchamos cedo ás 7.30 e tralo almorzo botamos a andar sobre ás 10.15 polo paseo marítimo de Cabanas, un lugar precioso para disfrutar esta zona interior da ensenada Insúa, que non é outra que a parte interior da ría de Laxe e Corme onde o río Anllóns verte a súas aguas deixando unha zona de marismas  e o inmenso areal da praia da Barra. Cabana ven sendo o territorio que está entre os concello de Laxe e Ponteceso. A verdade é que esta comarca  de Bergantiños é ben coñecida por nós, onde pateamos xa varias rutas como a de "praia de Niñón ata o faro do Roncudo" ou de "Ponteceso ata Corme" pola beira do mar, ambas de gran beleza.
Desde o paseo contemplamos  o areal e o Monte Branco e alá ao lonxe cara o mar Corme Porto.Rematamos na praia de Lodeiro e rruzamos a estrada xeral que vai a Laxe para  collermos a ruta "Rego dos Muíños", unha senda que vai pegada aos meandros do río Roncadoiro que contén na súa beira vintecatro muíños case todos en estado ruinoso, que son testemuños do noso pasado e da forma tan eficiente de aproveitar a natureza de forma respetuosa, por iso da tanta pena velos deste xeito.
A senda vai subindo durante 3.5 kms de forma agradable e suave rodeada dun bosque tipico de ribeira con vidueiros e carballos e prados, ata chegar ao Castro de Borneiro.
 



Cruzamos a estrada AC-430 e visitamos o Castro de Borneiro, do século IV ao I a.C que estivo activo,un gran exemplo da nosa cultura castrexa. De aquí demos a volta para achegarnos a  Dombate e  visitar o dolmen. Logo percorremos a contorna desta aldea e  pasamos polo santurio de nosa Señora do Carme de Briño ou capela das Virtudes. Tras desto dividímonos: uns subiron ao monte ao mirador Fernandiña desde onde se divisaba unhas magníficas vistas da ría e outros volvimos o bus e ao ladiño do mar. Despois do xantar acercámonos as Torres do Allo, un dos pazos máis antigos de Galiza.

miércoles, 14 de febrero de 2018

Ruta do rego dos Muíños

A próxima saída e o domingo 25 de febreiro ao concello de Cabanas de Bergantiños para facer a ruta de rego dos Muíños-Castro de Borneiro- Dolmen de Dombate.
Percorrido: 12 kms
Dificultade: fácil
Prezo: 25 euros persoa(bus+comida)

Ruta do rego dos Muíños

lunes, 5 de febrero de 2018

Ruta Corno do Bico(Paredes de Coura)

Unha ruta preciosa cun bosque espectacular e frondoso, con camiños bordeados de muros de pedras e musgo, con regatos, pero tamén con zonas altas que permitiu disfrutar de inolvidables vistas panorámicas de Paredes de Coura e a súa contorna, para mostra a subida ao miradoiro do Corno do Bico contemplando ao lonxe as montañas nevadas e novamente a baixada continuar un maravilloso paseo entre árbores  nun mañá ao principio foi fría e con resto de neve e xiada, mais logo cun sol deslumbrante que acompañou nesta ruta sen grandes desniveis e bastante ben sinalizada.