miércoles, 19 de octubre de 2011

Chandrexa de Queixa

Saída de día e medio prevista para o 29 e 30 de outubro.
Marchamos o sábado 29 ás 15.00 desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Percorrido: circular
Distancia: 10 km.
Dificultade: fácil.
A ruta  realizarémola o domingo, aloxarémonos en réxime de albergue, separados os homes das mulleres, catro persoas por habitación máis ou menos.
Equipamento: é necesario levar saco de durmir.
Aproveitamos para recordar que é tamén importante ir ben equipado nas saídas, imprescindible levar botas de senderismo, alimentos(frutos secos, fruta o etc), auga, gorra e crema solar se pensamos que vai sol e roupa de augas, chuvasqueiro ou capa se chove, roupa de abrigo se vai frío, tamén e importante a roupa de reposto sobre todo neste tipo de rutas de dous días, e bastóns como apoio, sempre axudan.
Ase mesmo, recordar a importancia do contacto visual, é moi importante que nas saída, aínda que cada un vai a seu ritmo,  non perder o contacto visual do campañeiro que van diante ou detrás para crear un "cenpés" solidario no que ningún quede descolgado, iso implica que algúns teñen que esforzarse por ir máis deprisa do apetecido e outros teñen que frenar tamén un pouco o seu ritmo.
O prezo da ruta é de 45 euros por persoa, inclúe aloxamento, cea, alomorzo, comida do domingo e transporte.

A Peneda




A nosa  volta a serra da Peneda  mereceu a pena pese a un que outro pesar.
Non é a primeira vez que camiñamos por estes montes situados frente a serra do Gerês e a Amarela, en territorio portugués, un parque natural impresionante pola súa beleza e variedade.
Tras almorzar en Lamas de Mouro, partimos contentos polo bo día que tiñamos  desde o pobo  de Sao Bento de Cando para ir ascendendo por un camiño con fermosas vistas das montañas ao lonxe metidas aínda noa néboa da mañá, pero esta foise disipando para deixarnos ver os vals coas aldeas espalladas polas abas, os minifundios das labranzas divididas con valodos de pedras en perpetuo equilibro, sen argamasa que as agarre.. todo sorprende aquí parece un decorado feito a drede, o granito do Geres esculpido de tal xeito que recordanos a outros máis agrestes, a vexetación de montaña coas súa gama de cores, os tellados das casas, os camiños e labradíos sempre delimitados...fomos subindo e pasamos pola aldea que lle chama "Dos Galiñas" ata chegar ao nacemento do río Vez, unha poza onde nos refrescamos un pouco porque o sol xa apretaba, así seguimos por plena serra da Peneda ata atopar cos chouzos dos pastores, que utilizaba para refuxiarse mentras coidaban do gando nestas altitudes, unhas construccións impactantes,  metidas na terra ata tal punto que parecían mámoas ou algún monumento funerario...Ali fixemos a foto de grupo para acometer a baixada, que foi máis forte do que todos esperabamos e que a algúns de nós creoulles problemas e resultoulles de  maior dificultade da esperada, sentímolo pero os imprevistos tamén aparece no camiño e nesta ruta a intensidade do sol e a falta de sombra agravaouna máis do previsto.
Desde este punto víamos  as aldeas dispostas e esperandonos alá abaixo, así aparecía  a Granda das Gordelas, pola que pasamos para chegar ao noso destino que foi Rouças, onde chegamos con máis retraso do previsto, de aí desplazámonos a Castro Leboreiro para xantar un estupendo bacalao á broa.
A tarde completámola cunha visita ao santuario da Nosa Senhora da Peneda, rodeado de impresionantes penas pero sen a espetacular fervenza que cae no inverno.