jueves, 26 de abril de 2012

Lobios



 Aínda que chega tarde o comentario de esta preciosa ruta, non queda menos que tras ver as fotografías, ter un momento para o deleite de recordar algo  dela.
Saímos a hora prevista para unha zona,  a Baixa Limia, na que xa pateamos varios camiños, pero  é un lugar que sempre merece a pen volver porque sempre hai algo novo que descubrir, nesta ocasión o inicio da primavera nos arredores da aldea de Padrendo.
A ruta foi circular e partimos de Padrendo, pasando a aldea,  adentrámonos por unha zona boscosa que tiña uns muíños para ir subindo cada vez máis alto, segundo íamos subindo a vexetación ía cambiando de carballeira a matogueira onde abundaba a carqueixa e a xesta branca co seu exquisito olor e flor pequena que aquí abundan.
Partimos dunha altura de 500 m sobre o nivel do mar para ascender na parte máis alta da serra do Xurés pola que paseámonos a 900 m, é dicir, subimos e baixamos un desnivel de 400 m. de forma moderada e dándonos o gustazo de contemplar desde unha fervenza ata  os picos máis alonxados coma os Altos de Fontefría, o Chan de Fielo ou o As Albas e outros máis pretos com o Albite, A Lomba etc a paisaxe na parte máis alta da serra só está poboada por enormes penas moitas delas con  extrañas formas, labradas pola erosión..unha paisaxe onde perder a vista.. 
Ao ir descedendo, pasamos pola aldea de Torneiros e visitamos o espléndido conxunto de hórreos.. continuamos a nosa senda para volver  cerca do río Cados e a pasar por fermosas fragas con singulares furados na terra para abrigo dos pastores, antes de chegar novamente  a Padrendo.
Tralo xantar acercamos a ver a fortificación dun asentamento romano "Aquis Querquennis" e disfrutar do seu entorno, un paseo de caballos, o encoro e dunhas termas que aínda  funcionan. 
Así rematamos unha saída completa, fermosa e variada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario