domingo, 25 de septiembre de 2011

A Peneda

A próxima saída será o mécores 12 de outubro ás 8.00 desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.

Unha ruta polo norte de Portugal, pola zona de Castro Leboreiro onde comeremos coma outras veces.

Percorrido: 12 kms.
Dificultade: fácil.

O prezo son 27 euros, comprende autobús e comida (un exquisito bacalao).

Informamos que as prazas xa están todas ocupadas desde o mércores 21.

Agradecemos o éxito da nosa actividade, e a vosa participación, sentímolo polos que non nos poden acompañar.

Toques

Esta primeira ruta do curso 2011-12 a Toques, ao centro de Galicia, serviu novamente coma unha toma de contacto  cos  amigos,  a nosa paisaxe e o pasado que a nosa terra garda entre tantos penedos e montañas.
E así foi, volvemos a reencontrarnos cos amigos de sempre aos que moitos deles atopamos só aquí, facendo o que nos gusta a todos, aínda que cada vez máis anímanse  caras novas que se suman a nosa actividade, benvidos.
A ruta comezou en San Antolín de Toques, metido no monte ao que nos acercou o autobús. O campanario e o cruceiro están diante do recinto formado polo ceminterio, a igrexa e os restos do antigo monasterio benedictino de século XI, situados o lado do río, fomando un lugar encantador. Sorprende a beleza da igrexa, o bo estado no que se atopa e sobre todo as femosas figuras prerrománicas que conservar no interior, o cristo coas figuras laterales e a Virxe do leite, e tamén os frescos descobertos nas paredes. Este igrexa entra dentro do recorrido marcado como os dos "Mosteiros" que levanos tamén o mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Subimos por unha estrada que vai por detrás do lugar e pasamos por distintas aldeas, Os Curros e Castro de Lobos, uns 3 ou 4kms ata chegar a Moruxosa, onde nos desviamos para adentranos por un camiño rodeado arbolado, carballos, salgueiros así nos acercamos ao dolmen de Forno de Mouros, moi ben conservado, seguimos adiante pola serra de Cadeón ata chegar as Fervenzas de Brañas, que  nesta época do ano baixa sen forza.
Debemos resaltar desta ruta a variedade da paisaxe monte, ribeira e sobre todo a beleza dos campos tan verdes limitados por liñas de árbores ou muros de pedra cubertos de vexetación.
Trala comida( caldo, ternera, cordero e tarta de queixo) acercámonos a Sobrado dos Monxes, que andaban de festa.
Un bo comezo de curso "escolar".

viernes, 2 de septiembre de 2011

Toques

Reanudamos nosa actividades do curso 2011-2012 cunha saída a Toques, un pobo cercano a Melide no centro de Galicia, o domingo 18 de setembro ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Percorrido: 11 km.
Dificultade: fácil

A ruta é lineal e variada, comezaremos no centro do pobo  para acercarnos  a igrexa de San Antoniño de Toques, mentras  recorreremos diferentes lugares, pequenas aldeas como a de Mourelos e así ir adentrándonos por sendeiros rodeados de carballos e castiñeiros, camiñar por fragas e ribeiras de ríos como as de Pequeno ou  as de Furelos que son os máis importantes deste concelllo aínda que hai que dicir que atopanse cantidade de regatos e pontes polas que probablemente por algunha cruzaremos. Esperamos visitar a igrexa de San Antoniño que ten restos dun antigo mosterio benedictino do século X de orixe prerrománica, cos que se construiu a igrexa. A continuación seguiremos  a nosa ruta por unha fermosa paisaxe onde visitaremos unha mámoa, creo que se chama Fornodemouros, e pasaremos tamén por algún castro dos que abundan nestas terras.
O prezo da saída de de 23 euros por persoa e coma sempre comprende o pago do transporte e comida.
Xa vós podedes anotar desde o 1 de setembro.