miércoles, 31 de octubre de 2018

Os Bosque Máxicos-PR-G213(Castro Cadelas)

Nun día que prometía chuvia nas rías baixas e neve no interior de Galicia marchamos a Castro Cadelas.
Xa de camiño percibimos que non se erraron os do tempo, desde a autroestrada viase todo branco, dubidando o principio se era xíada o neve, segundo nos íamos acercando a Castro Cadelas, non houbo dubida; atopamos un pobo nevado e tras o almorzo, así comezamos a ruta.
Esta ruta circular está composta por dous bucles, un de case 6km e outro de case 15, que se poden facer independientemente e está ben sinalizados. Nos fixemos o máis longo pero acortámolo un pouco polo tempo.
Baixamos pola rúa dos Pilos con neve caendo aos poucos, nesta baixada atopamos o bosque que rodeas da Castro Cadelas con magníficos carballos e castiñeiros, que segundo discurre o camiño serán máis grandes, máis vellos..
Fomos baixando ata o río, non subimos a capela de san Amaro que ía un pouco desviada, neste discurrir atopamos casas abandoadas, o que é frecuente nesta parte de Galicia interior onde hai igualmemte aldeas enteiras. Seguimos a viaxe nun sube e baixa cruzamos regatos e o río Edo, de subida cruzamos a estrada e atopamos a zona de viñedos, o sinal indicativo á adega de Ponte a Boga, contemplando unha paisaxe distinta de socalos con viñedos nestas montañas tan traballadas e  tamén o mosteiro de San Paio de Abeleda que vése como un faro ao lonxe. Pasamos ao lado desta xoia do románico que para uns data do 934 e para  outros de século XII, pero que para todos é unha pena contemplar o estado de abandono e deterioro no que se encontra.
Agrupámonos na aldea que está moi cerca, A Touza, rodeada de prados, onde pace o gando( vacas e ovellas9, que fai aínda máis visible a silueta do mosteiro...
A partir de aquí ata Castro Caldelas o sendeiro cada vez é máis impresionante con exemplares de castiñeiros centenarios, de formas incribles que o tempo foilles deixando...unha auténtica maravilla, onde mires atopas un castiñeiro aínda máis retorcido.Todo esto faite olvidar a pendiente da subida, así é  o souto de Poboeiros, unha enorme alfombra de sembrada  de follas, cores, castañas, cogumelos e árbores magníficas,  un bosque máxico.
Despois do xanta visitamos o castelo e fixemos o camiño de volta.

domingo, 21 de octubre de 2018

Ruta a Castro Caldelas

O domingo 28 de outubro ás 7.30 da mañá partiremos desde a praza de España para realizar unha ruta por Castro Caldelas.
Percorrido:14.3kms
Dificultade: media-fácil
Prezo: 27euros por persoa(bus+comida)

sábado, 20 de octubre de 2018

Sendeiro de Pelamios(Xunqueira de Ambía)

O domingo 7 de outubro empezamos a actividade de senderismo de Cen Pés por unha ruta interior e circular entorno do pobo de Xunqueira de Ambia a 7 kms de Allariz.
Para tal fin madrugamos e partimos as 7.30 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía como ven sendo habitual despois de tantos anos. O recorrido proxectado foi de 14.5 km sen dificultades só as propias dun terreo de monte e ribeira.
Esta ruta comeza en Xunqueira de Ambía, desde a praza onde esta o santuario fomos cara o río Arnoia, por camiños con densa vexetación e arbolado, con árbores que aínda tiñan o musgo do inverno coma as pedras que bordean estes camiños.
Percorremos as dúas beiras do Arnoia, un lugar mágico coas aguas do río en total quietude que parecía un espejo no que se reflexaban as ramas das árbores facendo un mundo duplicado. Con esa sensación e en silencio fomos ata San Xillas, que ten  unha bonita capela. Desde aquí, onde nos agrupamos, continuamos  por sendeiros e congostas metidas nestes montes cheos de carballos e castaños ata A Pousa que ten  a capela da Virxe do Camiño con clara  referencia a Vía da Prata que pasa por estas terras.
Regresamos novamente cara ao río Arnoia para cruzalo pola  bonita pontella do Ecoespazo de Rexo, onde contemplamos a obra pictórica e  escultórica de Agustín Ibarrola integrada na natureza. De aquí xa dimos a volta cara a Xunqueira de Ambía. 
Despois de comer visitamos a Colexiata de Santa María, unha verdeira xoia e privilexio.