domingo, 9 de junio de 2019

Ruta Costa Doce (Sada) PR-G 96

Como última ruta da tempada o domingo 9 de xuño acercámonos a Sada para camiñar o sendeiro mariñán da costa Doce, unha ruta fácil e lineal que non ten perda e que pode facerse en ámbolos dous sentidos, desde Sada ou desde Lorbé.
Nós preferimos partir desde o pequeno porto de Lorbé onde se mesturan as barquiñas de cores coas nasas no porto, onde o sol reflectía unha auga de cor clara e limpa neste día tan soleado.
Marchamos  os 12 km casi nun paseo neste recorrido que vai moi preto do mar, pero elevado,  entre vexetación e árbores un tanto desordenadas onde o eucalito cada vez acada máis terreo, unha pena. Víamos desde o alto as escondidas e diferentes calas e praias con cor turquesa, que invitaban a un baño, parecía que estivesemos no Caribe, pero co aliciente engadido de contemplarmos desde alí tamén as preciosas vistas da ría de Ares e de Betanzos, un luxo de paseo. Recordo agora o nome de certas calas como a de Armenteiro, Lourido e a aldea de Carnoedo co seu cruceiro e igrexa... terminamos esta ruta pasando polo resto da fortaleza de Fontán  e baixando o porto en Sada.