miércoles, 21 de marzo de 2012

Ribeira do Ulla







Esta saída cumpriu fielmente o recorrido sinalado na descrición, ben marcada e sen pérda, agora queda falar das impresións....
Dicir que partimos cun tempo sostible, a noite anterior chovera e todos imos preparado para recibir a chuvia tan deseada nun ano de seca, pero tivemos sorte  apenas caeu unhas gotas e ata saíu o sol por momentos...
Baixando desde Ponte Basebe por un tramo de estrada, todos tiñamos ganas de chegar o río, e así foi pero a paisaxe pola que nos levou a senda era impresionante non só de ribeira como era o esperado, senón tamén por unha carballeira enorme que en descenso baixaba hacia o río Ulla que nestre tramo en Touro aínda que vai tranquilo e máis enérxico.
O camiño entre fragas de árbores desnudas e sinuosas con todas as súas foxas cubrindo o chan facía pensar que paseamos por unha paraxe encantada, de conto, onde un só pode vivir a beleza do momento, respirar o perfume do monte e sentir o rumor da natureza, esquecendo todo o demais....así con estas sensacións fomos subindo rodeados un bosque de sobreiras e contemplando o rio  alá abaixo e volvimos a baixar  ata chegar a fervenza do Inferniño escondida entre tanta vexetación. De aí seguimos por bosques que tiñan cada pouco os restos de antigas ouriceiras onde se recollían os ourizos dos castiñeiros para protexelos dos xabarís, pasamos polos muíños de Quintás abandoados tamén...e chegamos ao Pozo de Pego un lugar onde de ensancha o río e parece un fermoso lago o que beireamos para seguir o camiño, que nos levou ata San Pedro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario