lunes, 4 de febrero de 2019

Roteiro de Cortegada(Ourense)

O domingo 24 de febreiro os Cen Pés parte desde a praza de España ás 8.00 mañá para realizar o "roteiro de Cortegada", unha ruta de río e monte.
Percorrido: 14 kms
Dificultade: moderada
Prezo: 25 euros persoa(bus+Comida) o menú será cocido galego.

Roteiro de Cortegada

Ruta Foxo do Lobo(Cotobade)

Esta ruta como as que vemos facendo ultimamente foi circular e impresionante, con camiños por carballeiras, algo de monte alto e despexado,  corredoiras, camiños empedrados, pontes, aldeas abandoadas, muíños e ribeiras do río Almofrei: unha marabilla.
Partimos despois do pertinente almorzo diante da antiga casa do concello de Cotobade de 1808 en Carballedo, en A Chan, sinalar que estamos en terra de grandes canteiros, o que se ve en todas as construccións desta zona, as antigas casas, pazos, muíños, hórreos, pontes e pontellas.
 Baixamos á piscina fruvial e área recreativa que hai a beira duns muiños que aproveitan a auga do río Almofrei, afluente do Lérez. Facemos un primeiro paseo polo  río para volvelo a cruzar por riba dunha pontella fermosa con cinco losa de ancho, con seis tramos iguais, unha obra de cantería. Collemos camiño da estrada que leva a Aguasanta, pasamos diante dun pazo e subimos cara o monte, cruzamos novamente o Almofrei, polo camiño atopamos casas de catería e un amigable gatiño que sae a saludarnos. Seguimos en subida por pendiente cada vez máis suaves por camiños rodeados de carballeiras, con exemplares impresionantes, tamén na parte máis elevada a paisaxe cambia con menos vexetación entre piñeiros e toxos, encontramos aquí o verdadero antranco desta ruta, os camiños encharcados. 
Logo comenzou a baixada cara ao Foxo do lobo, rodeados novamente de carballos ata chegar a depresión máis baixa, o Foxo do Lobo, unha trampa para cazar lobos onde  xúntanse dous muros de pedra entorno a un pozo, un lugar tan fermoso nesta carballeira atravesada por un tranquilo regato.. 
Nós volvemos a subir a parte despexada e soleada para recontrarnos coas vistas e  para volver a baixar cara ás ribeiras do Almofrei, así sumerxímonos no mundo máxico das carballeiras, congostras e das beiras anegadas do río, cruzamos a bonita ponte de Serrapio, pasamos pola aldea abandoada de Arufe...estes impresionantes lugares o musgo,  a auga, a natureza ten aínda vida propia, que pese aos intentos de domesticala, volve a recuperar o que é de seu. E nós con estes pensamentos e pasando por prados, máis muíños e  pontellas volvemos a Carballedo.