viernes, 20 de octubre de 2023

Ruta do Loio(Paradela) 15/10/2023

 O Domingo 15 de outubro fomos a camiñar a "ruta de río Loio" en Paradela,  a senda PR-G 14, un percorrido fácil de de 10 km ampliabres a 13.5 km para os que queiran. 

Saímos de Paradela e baixamos hacia o río, iniciando a ruta onde está o muíño do Cabo e a ponte do muíño e a fervenza Ruxidoira, seguimos a carón do río adentándonos un bosque espectacular de ribeira, acompañados do sonido da auga e de árbores diferentes: carballos, acivros, castiñeiros centenarios e retortos. Pasamos por varias pontes como a da Fervenza ou Retorta, tamén por muíños e pequenas desviación que conducían a unha fonte ou as ruinas do mosteiro. O muíno máis grande sen dúbida é a da Retorta e pasamos tamen diante da capela de san Berto xa en ruinas. Unha ruta máxica por camiños de carros limitados por muros alfombrados de musgos e rodeados de árbores, así fomos ata chegar ata o encoro de Portomarín, case sen auga. Unha ruta preciosa para repetir.

Despois de comer no restaurante Río Loio, cerca de onde rematou a ruta, só cruzar a ponte de para por riba do encoro, acercamonos ao miradoiro "Ádega dos Penedos" un miradoiro sobre o río Miño impresionante, en realidade é unha antiga aldea abandoada que mira dende o alto da montaña ao río, hoxe pasa a estrada por baixo, un lugar que abraia.