jueves, 27 de octubre de 2016

As fragas da Ribiera e Lostregal

Esta ruta por terras de As Pontes e o seu entorno foi realmente bonita e variada en paisaxe, con bo tempo a pesar de que o día anterior chovera a mares. 
Comezou a ruta acortándoa un pouco no primeiro tramo de subida, así xa cerca dos aeroxeneradores botaron a andar os Cen Pés moi animados vendo todas as  montañas da serra o Xistral, e descendendo cara a ribeira do Lostregal un lugar selvático, cunha gran variedade de flora, carballos, castiñeiros, acivros , musgos, liquens e cogumelos pois esta zona garda unha gran humidade que fai que se converta unha auténtica fraga encantada e iso que aínda que non choveu en demasía como o demostrou o encoro, que estaba baixo mínimos, deixando ver o antigo pobo sumerxido cando está en plentude.
Foi unha ruta ben marcada e conservada, no que presentaba os nomes dos distintos lugares, todos peculiares como "o cao do Habanero", "rego de Malvis", "couce da Cabana" ou "a ribeira vella". 
Unha ruta chea de sendeiros, carballeiras, e  encanto.







sábado, 15 de octubre de 2016

As fragas da Ribeira e Lostegal

Informamaos que o domingo 23 de outubro teremos unha ruta ás fragas da Ribeira e Lostegal, por As Pontes, a saída será coma sempre desde a praza de España ás 7.30. A ruta é coñecida como o PR-G 147.
Percorrido: son 18 km, pero intentarase que queden en 15 kms.
Dificultade: media
Prezo: 25euros(comida+bus)
Mais información:

PR-G 147, fragas de Riberia e Lostegal