sábado, 24 de noviembre de 2012

Ponteareas:Ruta do Xabriña


Unha ruta estupenda para un domingo perfecto.
Como prometía  esta ruta circular está chea de riqueza  onde o río deixa a súa pegada na natureza, os muíños, as pontes e pontellas, os camiños e congostras, as aldeas, igrexas e petos de ánimas.
Partimos desde a aldea de Covelo e xa ao iniciar a camiño atopamos un peto de ánimas antes de cruzar a aldea e adentrarnos no monte. Axiña chegamos a ribeira do río Xabriña, un afluente do Tea que é un río máis amplo e fondo; o Xabriña, en cambio, é como un irmán pequeno e xogetón que enreda entre as pedras, se estreita a maioría da veces e cae formando preciosas fervenzas que sorprende con tanta escuma, así é que este río non se sinte monótono, sempre aparecen  recunchos ou muíños que sucédense ao longo da senda, o que fai pensar que no pasado, non tan lonxe, a xente viviu este e deste río máis que hoxe en día.
Hai numerososo muíños ata uns trinta, cada un co se nome(Outeiro, Fundego, Rcoucón, etc..) case todos en estado ruinoso, agás un, ben reconstuido, e tamén  pontellas a máis bonita a das Tapadas e pontes coma o Folón..as fragas preciosas nesta época cun manto de follas, así pasamos unha e outra vez polas fragas de Chozas e a de Millariñas e terminamos volvendo a aldea da que partimos.

lunes, 19 de noviembre de 2012

Ponteareas: ruta do Xabriña

A próxima saída será a Ponteareas o 2 de decembro. Partiremos desde a igrexa parroquial de Vilagarcía ás 8.00 h.
A ruta é coñecida coma a do río Xabriña (PR-G 119), afluente do río Tea, convértese no verdadeiro protagonista desta ruta circular que parte da parroquia de Paraños e que visita lugares como Prado, Canda e Lamosa.
Ademais da exquisita vexetación atoparemos unha riqueza cultural e arquitectónica xa que pasaremos por aldeas, igrexas, pontes como a de Folón, pasos sobre a auga e gran cantidade de muíños.
Distancia: 13 kms. Punto de partida-chegada o concello de Covelo.
Dificultade: moderada.
Prezo: bus- comida 25 euros.

domingo, 18 de noviembre de 2012

Ortigueira

Esta ruta case totalmente costeira agás uns breves tramos de monte para pasar dunha praia a outra ou aldeas que atravesamos para avanzar e recorrer esta costa alta e espetacular.
Ao principio pensabamos partir desde Ladrido, máis preto de Sta Marta de Ortigueira, e rematar na praía de Eirón, pero  finalmente empezamos a saída desde o porto de Espasante, contemplando a súa preciosa praia da Concha dun kilometro de largo. Do porto pasamos a unha praia pequena e ben recollida chamada a dos Enamorados ou de Santa Cristina, e xa subindo por unhas escadas de madeira, poidemos disfrutar por primeira vez das vista  do mar e do cabo Ortegal e do pobo de Cariño case frente de nós. Camiñamos un pouco máis e pasamos pola aldea de San Antón que ten unha preciosa praía con todos os servizos. Atravesamos este precioso areal con grandes ondas e pasamos a praía de Eirón ou de Mazorgán que é coma unha réplica da anterior, só separadas por un breve montículo que costou baixar a máis de un. A partir de aquí pérdeseme a vista e a memoria entre aldeas con hórreos de pedra e tellados de pizarra, por praias espetaculares, enormes cheas de escuma onde morrían as ondas e os cantís que desafiaban o mar saíndo puntiagudos, salvaxes da auga. Sé que ao chegarmos cerca de Loiba contemplamos desde distintos miradores os impresionantes cantís e a forza do mar batendo unha e outra vez, quedan  na mente os nomes da praia do Carro e praia de Fábregas e punta Villardeira, por onde seguimos algúns, e bella praia do Esteiro co seu areal e seu río..A sensación que queda é  magnífica ...por un recorrido espetacular, porque espetacular é a Natureza.