miércoles, 22 de enero de 2014

Ruta a Silleda

A próxima saída, segunda do ano, será o domingo 9 de febreiro ás 8.00 da mañá desde o igrexa parrroquial de Vilagarcía. Os  CEN PÉS patearemos unha ruta  polo concello de Silleda. Probablemente faremos a ruta da Saleta, pero depende do tempo.

Dificultade: fácil
Percorrido: 12 kms
Vos mando un enlace sobre senderismo en Silleda con todas as posibles rutas:

http://www.turismosilleda.es/es/senderismo.php


Esta ruta queda sustituída por a ruta PRG-125 Sendeiro da Visantoña, ya que estaba moi anegada e mal marcada.

lunes, 20 de enero de 2014

Arteixo- Caión








Empezamos esta ruta en Arteixo, xusto cerca do punto de Turismo, e collemos o paseo fluvial que descorre pola ribeira do río Bolaños, onde encontramos unha ponte romana,"Ponte dos Brozos", xa que  por aquí pasou unha antiga vía romana, a XX, que chegaba  tamén a  Laracha. Cruzamos a estrada que vai ao polígono de Sabón e chegamos a marisma, Rañal e a praia de Sabón onde desemboca este río.
Seguimos polo paseo marítimo que une a praia de Sabón coa de Barrañán e pasamos polo lugar onde está  o "Catalejos" para oir o mar.
A mar estaba revoltosa con preciosas olas de espuma branca. Un bonito recorrido contemplando unha praia detrás de outra,  a da " Ucha" a da "Vaca" , da "Combonzas". Logo pasamos por zonas máis urbanas e tomamos cara ao interior, recorrendo algunha aldea para finalmente   cruzar a estrada que baixa a Caión e  subir ata a capela dos Milagros, onde finalizamos esta ruta e desde onde pódese disfrutar dunha vista magnífica de Caión, ao que nos acercamos un momentiño  para logo volver a Arteixo, lugar no que comimos no restaurante "Mela", moi ben por certo.

jueves, 9 de enero de 2014

Arteixo-Caión

Estreamos ano e seguimos camiñando, esta vez por unha ruta lineal e  costeira de Arteixo a Caión ou viceversa.
Partiremos o domingo 19 de xaneiro ás 8.00 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía como é habitual.
Percorrido: 12 ou 13 kms
Dificultade: baixa, fácil.
Prezo: 25 euros por persoa que comprenden bus e comida.