O próximo domingo 4 de febreiro partiremos desde a praza de España(igrexa parroquial) ás 7.30 da mañá para realizar una ruta por Portugal: Paredes de Coura.
Percorrido: 12 kms pola paisaxe protexida dos Bosques do Corno do Bico.
Dificultade: baixa-moderada.
Prezo: 30 euros(bus+comida)
martes, 30 de enero de 2018
sábado, 20 de enero de 2018
Ruta a Riveira- praia do Vilar
Neste inicio de ano tivemos moita sorte co tempo, xa que a pesar dos días tan chuviosos que precederon, neste domingo aínda que amaneceu anubrado foi clarexando e tivemos un sol estupendo na nosa ruta que comezamos en Riveira.
No primeiro tramo foi de subida ao monte do Castro e pasamos polo bonito parque de San Roque e o seu mirador desde o que se contempla Riveira e a ría de Arousa,e un lugar moi recomendable para estar con reproducións de un dolmen, pallozas, pombal e outos elementos, unha área recreativa agradable.
Continuamos e seguimos subindo para pasar polo mirador da Ra que mira ao mar aberto desde o que se contempla toda a costa da praia de Vilar e Corrubedo coas dunas e as lagoas de Vixán e Carregal, un lugar impresionante. Seguimos o percorrido polo monte para ir baixando ata a praia do Vilar que estaba preciosa coas ondas e o mar picado, fomos indo polas pasarelas de madeira ata o centro de información do espazo da praia do Vilar e Corrubedo, e de alí pola costa e atravesando a aldea de Vixán, achegámonos ao mirador da lagoa do mesmo nome que estaba chea de auga, unha bonita zona de marismas e xunqueiras; un pequeno recorrido de 5 km ida e volta desde a praia do Vilar.
A ruta está en Wikiloc: Santa Uxía de Riveira- Parque de San Roque-Mirador da Ra-Lagoa de Vixán
martes, 9 de enero de 2018
Ruta Riveira-praia do Vilar
O domingo 14 de xaneiro reanudamos as rutas, desta vez para achegarnos a Riveira e realizar unha ruta de 13km cunha dificultade fácil. Partiremos as 8.00 da maña da praza de España,na igrexa parroquial.
Prezo 25 euros por persoa
Prezo 25 euros por persoa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)