miércoles, 8 de febrero de 2012

Ribeira do Ulla - Touro

Para o domingo 4 de marzoás 8.00 desde a igrexa parroquial está progamada a saída a Ribeira do Ulla en Touro, un sendero tamén coñecido como PR-G93, homologado pola Federación  Galega de Montañismo.
Percorrido:12,8 kms lineales.
Dificultade: media.
Partiremos dede Ponte Basebe no concello de Touro ata Ribeira do Ulla, baixaremos pola marxe dereita do río e pasaremos por sendas de pescadores, camiños de carros, fragas,carballeiras, muíños e ouriceiras abandonadas, fervenzas ocultas... Asi  acercarémonos río Ulla e alonxaremonos del, pero sen perdelo de vista na paisaxe. Pasaremos por unha fermosa paraxe natural coñecida como o Pozo do Pego, os muínos de Quintas e o Fervenza do Inferniño.
As ouriceiras eran construcións circulares de pedra onde guardaban os ourizos dos castiñeiros para portexelos dos porco bravos.
O prezo da rota é de 25 euros por persoa destinados a pagar o xantar e autobus.

martes, 7 de febrero de 2012

Ponte Ulla: Sendeiro de San Xoán de Covas



Unha saída moi agradable en todos os sentidos: o tempo mantúvose e non choveu, tampouco fixo moito frío e sobre todo a paisaxe non defraudou.
Seguímos en todo momento na beira do río Ulla, desde a área recreativa de Cubelas ata o final, no que rematamos cunha subida que aínda que forte, foi pequena e deixouse facer ben. Despois  a maioría acercámonos á Ponte Vella do tren e ao mirador de Gundián desde onde contémplase unha paisaxe diferente desde as alturas, moito máis espetacular.
O que máis sorprendeu desta rota, tal vez, sexa  o propio río, o río Ulla, que nace nunha aldea de  Lugo, en Olveda do concello de Antas do Ulla, e aquí  en Vedra atopámolo tranquilo, cheo, ancho e silencioso case plácido no seu discorrer.. así deixa oir ben os cantos do paxaros e comtemplar ás árbores da ribeira, tan retorcidas con esas formas íncribles que só sabe facer a forza da natureza e da auga. Un percorrido que podría parecer monótono para algúns, pero para os que nos gusta a natureza, este entorno nos emociona pola súa  beleza e riqueza, e por saber que aínda existen lugares e ríos limpos onde poidan vivir animais coma a nutrias. 
Unha marabilla.
Despois de comer acercámonos ao pazo de Ribadulla, propiedade da familia do General Armada, un lugar moi bonito pero decadente onde podense contemplar aínda como  vivían noutros tempos, os fidalgo e caciques, cun nivel de vida envidiable daquela e cun impresionante xardín, hoxe non moi ben coidado onde se atopan unha gran variedade de camelias e onde se explota unha viveiro de camelios que se exporta  para fóra de Galicia. Moi bonito é o paseo de olivos que datan de máis de 500 anos e da ao lugar unha atmósfera especial.