sábado, 27 de abril de 2013

Monte do Faro







De camiño no autobús xa iamos vendo segundo nos acercabamos que a xornada ía ser invernal, con chuvia, néboa e moito frío; non nos enganamos.
Unha ruta de montaña  de vaivéns,  subidas e baixada que foinos levando ata o monte Faro, a través dun campo de aeroxeneradores. Subindo e baixando entre montañas reprobadas de piñeiros, que apenas  podíanse ver coa néboa, en cambio oíanse de forma case invasiva as aspas deses xigantes ao moverse.
 Ségueme a parece raro camiñar con chuvia e néboa a vez e ver como a nubes baixas avanzaban e pasaban case con vida propia por esta paisaxe que pese o tempo, ten o seu encanto. A veces despexábase e contemplábase unhas vistas panorámicas cun val precioso diseminado de aldeas, pastos e monte alá moi o lonxe.
 Todo acusaba unha sensación de soidade porque as poboacións, a vexetación máis exuberante quedan lexos, pola contra alí arriba todo estaba por crecer, as árbores, os toxos, a herba..e nós alí irmos pasando de cumio en cumio, de muíño en muíño cos  únicos acompañantes o vento e a voz das aspas.
Pasamos por dous miradores dende o que só contemplamos a brétema, ao chegar arriba de todo no monte Faro onde esta o santuario, non se vía case nada, só a silueta do templo e o cruceiro, onde aínda quedaban resto de neve, o vento frío era intenso alí. Agardamos uns por outros para rexuntar o grupo e baixar máis xuntos, os que non quixeron continuar subiron no bus que estaba esperando na explanada.
Un ruta que merece unha segunda oportunidade con mellor tempo en outra ocasión.