martes, 5 de mayo de 2015

Saída a Lamego(Portugal)

Informamos que o último fin de semana de maio os senderistas de CEN PÉS marcharemos de ruta por Portugal. A saída é de dous días, partiremos o sábado 30 ás 8.00 da maña e regresaremos o domingo 31 pola noite.
O sábado debemos levarnos a comida pois xantaremos  no camiño facendo a ruta para logo ao remante  cercarmos a Lamego e instalarmos no hotel Lamego. Teremos a tarde para coñecer a cidade.
O domingo despois do almorzo realizaremos outra andaina pola zona.
O prezo da saída é de 80 euros por persoa que comprende bus, aloxamiento dun día con cea(sábado), almorzo e xantar do domingo.
Recordamos levar calzado adecuado, ropa de reposto e para os que queiran bañador e chanclas pois o hotel  ten piscina.

domingo, 3 de mayo de 2015

Ruta a Ares

 
 
 
Nesta saída tivemos sorte, tras unha noite chovendo a mares, todos pensábamos que levaríamos unha boa molladura; en cambio disfrutamos dun tempo cuberto, pero agradable sen chuvias e mesmo ao final da ruta ao visitar Redes case parecía abrir o sol.
Partimos da praia de Chanteiro para coller a costa e ir vendo o mar e a boca da súa  ensenada. Fomos todo pola costa ata punta Avarenta entre o mar que rompía nas rochas e as flores amarelas dos foxos e as xetas e o rosas das armenias marítimas, que facía un manto precioso; a partir de punta Avarenta metímonos máis ao interior entre pequenas estradas de barrios e  boas casas, tamén pastizais e o mar ao lonxe, así ata chegar a Ares, no que aínda puidemos aproveitar un tempo de lecer, tralo cal marchamos un intre a Redes antes de comer en As Neves no restaurante Toñita, no que comemos estupendamente como ben sendo costume.