miércoles, 30 de abril de 2014

Arribes del Duero

A próxima saída, como ven sendo habitual no mes de maio será os días 16,17, e 18 de maio, aproveitando o día festivo das Letras Galegas.
Partiremos as 15.00 en punto da tarde para chegar con tempo de facer unha parada pertinente para o descanso do conductor do bus e distribuirnos nos aloxamentos no lugar de destino.
Aloxarémonos no pobo de Vilarino de los Aires a maioría (48 persoas) nun albergue. Repartirémonos en habitación de 4 e 8 persoas ( non fai falla levar saco de durmir nin toalla). Os demáis por sorteo durmirán unha casa rural tamén contratada, pero os servizos de almorzo, xantar e cea serán no albergue para todos.
Ao chegar seguramente nos dará tempo a pasear Vilarino de los Aires ou acercarnos a Fermoselle.
Ainda quedan por determinar os lugares concretos que visitaremos e as rutas a realizar porque é unha zona inigualable que ten moitos lugares interesantes por ver e camiñar.
Deixamos información para que vos vaiades informando...


Roieiro de río Arnoia






Esta rota é francamente fermosa, pese a cantidade de pendentes con bastantes subidas e baixadas. A rota seguiu fielmente a descrición.
No inicio ao pasar a aldea de Escudeiros,  o camiño estaba enlamado polas chuvia caídas. Fomos adentrándonos no bosque cunha vexetación rica e poblada de carballos con gran contrastes de cores e, ao ir subindo, aparecían máis  xestas e brezo brancos, carqueixas rosas, lirios silvestres e gran número de flores,  árbores e  no alto da paisaxe, as montañas da serra do Seixival e entre elas, o río, o  Arnoia alá abaixo correndo rápido e aprisionado  nun cañón cheo de flora e árbores ata suspendidas das penas.
Desviámonos  pola  antiga canle  ata a presa de Cachón  para ver de cerca o Arnoia e dimos a volta, unha paraxe inigualable. Continuamos o camiño pero non pasamos polo muiños porque estaba anegada a zona, seguindo polo monte.
Fomos subindo contemplando a serra con todos os tonos de verdes e marróns, amarelos ata a aldea de Viso que estaba en festas e con misa na capela das Angustias. Sendereamos un pouco máis ata acabar  o recorrido no santuario de Nosa Señora do Val.

sábado, 26 de abril de 2014

Fragas do Eume

Tivemos un día estupendo para saír de rota.
Esta saída  xa estaba pendente para moitos de nós con ganas de recorrer este parque natural, que para outros era xa coñecido, pero que por eso mesmo non nos importou volver a el.
Nas Fragas do Eume hai moitos camiños e rotas que se poden facer, dependendo da zona que se queira visitar. Desta vez fomos desde o pobo A Capela baixando, primeiro por estada ata máis ou menos pasar a aldea de Pousadoiro, dende alí seguimos descendendo por camiños de monte onde aínda aparecen moitos eucalitos. Segundo imos acercándonos ao río (forte descenso), a vexetación faise autóctona, cun bosque de ribeira precioso cerca do mosteiro de Caveiro, no que descansamos un chisco e visitámolo.
Despois tocou subir con forte inclinación por  un sendeiro escarpado tras tanta chuvia do pasado inverno; chegando arriba houbo un despiste e uns e outros tomamos camiños distintos, uns acercámonos a antiga central hidrolóxica e outros volveron a acercarse ao río Eume para seguir o seu devalar pola marxe esquerda do mesmo  ata case a entrada ao parque desde Pontedeume, na parte da ponte colgante de Fornelos cambiamos de beira para continuar pola pista ata onde puido esperarnos o autobús. Ao final todos chegamos a destino cuns kilometros máis dos que pensabamos facer; pero sempre esta ben disfrutar dun espazo tan singular como as beiras do Eume, que esconde recodos, árbores, alfombras de musgo e penedos que miran ao río para esqueceren as zonas maís altas do monte, que parece algo extraño, feo e deprimente con tantos eucalitos. Unha pena para un lugar tan afamado que pode producir unha grande decepción ao visitante, se ademáis contamos que as rotas non están o suficientemente sinaladas.


miércoles, 16 de abril de 2014

Roteiro do río Arnoia

O domingo 27 de abril sairemos hacia o río Arnoia, o coñecido como Roteiro do Arnoia ou PR-143.
Paitiremos ás 7.45  desde a igrexa parroquial de Vilagarcía como ven sendo habitual.
Percorrido: 11 Km
Dificultade : media
Unha rota lineal apta a para  ir en bici e cabalo aínda que hai unha forte subida a serra de Seixival.
Comeza na aldea de Escudeiros cara o río Arnoia, cando cheguemos a unha antiga presa de Cachón iremos por unha canle durante 2 km, que desviaba a auga do Arnoia para unha miña de estaño.
Deixando a canle teremos unha pendente e volvermos as ribeiras do río para contempar os muíños da Chancela. Na aldea de Viso poderemos visitar a capela das Angustias antes de ascender as cotas máis alta da serra  de Seixival. A rota remata no santuario da Nosa Señora do Val.
Rogamos puntualidade.



sábado, 5 de abril de 2014

Corrubedo

Unha saída costeira, marítima con  un día estupendo.
Xa empezou o día ben, estreando bus novo mentras acercábamonos  ao pobo de Corrubedo.
O bus deixounos na entrada ao centro urbano e nos cruzámolo para comezar a nosa ruta circular desde a praia das Dunas ou A Ladeira.
Percorrimos a praia coa marea baixa paralelos a duna co sol de frente e o pobo de Corrubedo detrás, todo unha delicia, a tal punto que algúns descalzámonos e a máis valente e previsora bañouse nunha "escapada". Antes de  chegar a altura da lagoa do Carregal, subimos cara a terra para ver a duna por detrás, adentrámonos cara ao pobo, fomos pola estrada un tramo para desviarnos hacia o monte do Facho e seguir un treito máis ata chegar o lugar do Espiñeirido, que ten un peculiar  peto con cruceiro, e baixamos ata a praia do mesmo nome, unha fermosa e longa praia. Pasamos diante do muíño de mareas e viramos a esquerda deixando a praia e subimos bordeando a costa hacia Corrubedo.
Aínda  déixanse ver as consecuencias dos temporais nestas zonas:  a duna que parecía máis baixa, sen tanta area e tamén pola cantidade de basura que botou o mar fóra, incluso un golfiño varado entre as pedras bastante lonxe da beira do mar.
Seguimos pola costa contemplando o mar algo axitado e as furnas dos cantís, que de seguro teñen por aquí os seus nomes, a pesares de que o descoñezamos,  unha preciosa estampa. Pasamos case diante da Cruz dos mariñeiros, unha homenaxe polos desaparecidos no mar, e continuamos hacia o faro de Corrubedo, Pasando pola outra praia, ade...... . e de aí volvemos ao pobo un pouco con pena por rematar a ruta, pero tamén con gañas de tomar unha cervexiña.