domingo, 23 de abril de 2023

Ruta da Auga de Zas (23 de abril)

 O domingo 23 de abril, saímos cara ao concello de Zas para realizar o percorrido PR-G 250 ruta da Auga de Zas, unha ruta nova e moi ben sinalada, sen confusión para os senderistas. 

Foi unha ruta  circular, fácil de 10.5 km ampliable a 15 km. O inicio comenza cerca da aldea de Ponte de Sisto, e rematamos onde empezamos.  Camiñamos  por unha ruta  moi bonita que discorre en todo momento o lado de ríos e sembra de muiños e con tres fervenzas. Tras pasar a aldea de Budián, está a primeira, tras a aldea de Parga está a segunda, co mesmo nome e a última é a de Rabiñoso.

Unha ruta que descorre por sendas recuperadas de tempos pasado e  con moita vexetación, fentos e árbores de ribeira e carballos  e como non con pontellas.




lunes, 3 de abril de 2023

Ruta "Trilho dos Canos de auga"Viana do Castelo(02/04/2023)

 

 Este domingo desprazámonos ata Viana do Castelo(Portugal) para realizar a ruta de "Trilho dos Canos de agua", que comeza e ramata aos pés do santuario do Monte de Santa Luzia, ao lado da Citania (o Castro de Sta Luzia) que foi un poboado fortificado habitado entre a Idadee de Ferro e a Romanización.

A ruta comeza en descenso ata chegar aos "Arcos do Fincao", arcos do acueducto aue forma parte do sistema de abastecementos de augas de Viana. A partir de aí fomos seguindo a traída de agua construída cos bloque de granito perforados, fomos subindo ata chegar a aldea de San Mamede, que cruzamos e rexuntámonos todos os senderista o lado do templo, Continuamos a ruta ata o "alto do Frade" onde hai unha antiga torre de  control aéreo da 2ª guerra mundial, chamada "A casa do radar para  comezar o regreso en descenso ata o lugar de partida.

Díficultade: fácil

Distancia:11.5Km