lunes, 18 de diciembre de 2023

Ruta Cruz de Xiabre- Nadal( 17/012/2023)

 Remata o 2023 e en decembro facemos a última saída do ano, aquí no concello de Vilagarcía.

Unha saída corta de 5 ou 6 km ao miradoiro da cruz de Xiabre, un lugar desde onde de contempla ben a ría de Arousa e o río  Ulla.

Como o ano pasado en lugar de deixar un Belén como outro club deportivos, cambiamos e agora plantamos unha árbore, un pequeno carballo, esperemos  que medre forte como as nosas ganas de seguir pateando sendeiros pola nosa terra. Foi un día de celebración e amizade no que brindamos e pinchamos algo en Fontefría. Felices festas e  o mellor nos espera no2024.







sábado, 9 de diciembre de 2023

Ruta das praias de Marín (03/12/2023)

 O domingo 3 de decembro partimos hacia Marín para realizar unha ruta costeira, xa que outras rutas coas chuvias están anegadas.

Esta é unha ruta fácil e duns 12km se se fai completa, de ese modo sería circular. Empeza saíndo do centro de Marín, e nós  seguimos de forma lineal pola costa pasando por diferentes praias: Portocelo, Mogor, Aguete, onde cruzamos o pobo para continuar ata a praia de Loira, praia de Mogor e subir a os petroglifos e pasar ata o pobo de Casás e rematar na praia do Santo. Un bo paseo mirando sempre o mar!