sábado, 24 de noviembre de 2012

Ponteareas:Ruta do Xabriña


Unha ruta estupenda para un domingo perfecto.
Como prometía  esta ruta circular está chea de riqueza  onde o río deixa a súa pegada na natureza, os muíños, as pontes e pontellas, os camiños e congostras, as aldeas, igrexas e petos de ánimas.
Partimos desde a aldea de Covelo e xa ao iniciar a camiño atopamos un peto de ánimas antes de cruzar a aldea e adentrarnos no monte. Axiña chegamos a ribeira do río Xabriña, un afluente do Tea que é un río máis amplo e fondo; o Xabriña, en cambio, é como un irmán pequeno e xogetón que enreda entre as pedras, se estreita a maioría da veces e cae formando preciosas fervenzas que sorprende con tanta escuma, así é que este río non se sinte monótono, sempre aparecen  recunchos ou muíños que sucédense ao longo da senda, o que fai pensar que no pasado, non tan lonxe, a xente viviu este e deste río máis que hoxe en día.
Hai numerososo muíños ata uns trinta, cada un co se nome(Outeiro, Fundego, Rcoucón, etc..) case todos en estado ruinoso, agás un, ben reconstuido, e tamén  pontellas a máis bonita a das Tapadas e pontes coma o Folón..as fragas preciosas nesta época cun manto de follas, así pasamos unha e outra vez polas fragas de Chozas e a de Millariñas e terminamos volvendo a aldea da que partimos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario