miércoles, 11 de abril de 2012

Pontedeume-Redes-Ares



Esta saída foi fácil, un paseo pola costa: tras almorzar en Pontedeume empezamos a caminar na praia da Madalena, subindo por unhas escaleiras adentrámonos por un paseo agradable dende onde se vía a praia e Pontedeume ao fondo, seguimos lentos porque non había présa pola costa e aldeas do redor onde hoxe abunda chalets e segundas vivendas, sen perder case en ningún momento a vista do mar, chegamos pronto cerca de Redes pasando ao lado da pequena praia de Coido.
 Redes é un pobo mariñeiro precioso que aínda que está remozado conserva todo o seu encanto, ao final do pobo está Punta Modias que conserva restaurada un antiga batería defensiva do 1757, seguindo a nosa viaxe xa no concello de Ares atopamos a  fermosa praia do Raso coa marea baixa e camiñando por ela chegamos a Ares. Algúns remataron nos bares do paseo e outros continuaron ata o final no antiga fábrica de salazón e cun paseo polo centro Ares.
Unha saída agradable, sen grandes esforzos, un tempo estupendo e pintorescos pobos que coñecer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario