viernes, 25 de mayo de 2018

Saída a Cantabria(xoves-venres)

O día 17 de maio coa ponte das letras galegas iniciamos esta saída de varios días con destino a Cantabria, pero  en realidade fixemos un paseíño por distintas provincias...León, Asturias e Cantabria, todos en común tiveron que son lugares espectaculares dignos de recorrer.

O xoves partimos con bo tempo(como en todos estes días) para facer unha ruta por Asturias, pero houbo cambio de planes porque a estrada a Cantabria estaba cortada e a directiva improvisou outra ruta por tierras leonesas na vía adecuda para chegar a Potes.
 Así acercámonos ata Valdoré para senderear o PR LE-36 Camiño Real do Esla, en realidade descorre pola antiga calzada romana do Esla ou tamén Vía Saliámica, que separa aos astures dos cántabros e os comunicou á meseta norte desde a época romana, unha vía que consérvase  moi ben en certos tramos como o "pajar del Diablo"(Villayandre), este camiño foi o único acceso  ata o s.XIX que fixeron a nova estrada.
A senda é preciosa. Partimos desde o parking do restaurante Ventasierra en Valdoré, na ribeira do Esla, e fomos subindo entre carballos e sabinas, ata chegar ao entorno do "Pajar del Diablo" no que o camiño convírtese en balcón gañado a montaña, unha construción da época romana imponente, desde o que se contempla o meandro do Esla, por alí paramos a comer os bocatas para seguir ruta de baixada a lado do río coa montaña a vista ata a Emita da Virxen de Pereda e de ahí ata Salas, onde pillounos un pequeno chuvasco.
Continuamos camiño pola N-621 León-Cantabria pasando polo pobo e o enorme encoro de Riaño e fixemos parada no portobde San Glorio a 1609m. de altitude contemplando ao lonxe os Picos de Europa. Sen percance chegamos a Potes onde aínda saímos  a pasear polo pobo e tomarmos unha sidrina.

O venres madrugamos para facer unha ruta circular a Potes. Saimos desde a ponte medieval de san Caetano en Potes seguindo o curso do río Quieviesa hacia as partes altas que rodean o pobo cheas de pastos onde pacen as vacas protexidas dos lobos por mastines.

A vexetación estaba rebosante de todo tipo de arbustos e árbores: encinas, madroños, chopos e carballos, tomillos  e lavandas, pois neste val do Liébana hai un microclima especial. Segundo fomos subindo entre sobreiras á aldea abandoada de Porcieda  a pendente aumentaba ata chegarmos a 637m. Para volver a Potes atravesamos  o sobreiral de Tolibes ata o santuario de Valmayor que aínda estaba máis alto a 657m.e ten unhas  vistas excepcionais do val e dos Picos de Europa.


Pola tarde acercámonos a Fuente Dé, achegamonos no teleférico ao máis alto do Picos que aínda tiña unha gran cantidade de neve facendo o lugar aínda máis bonito. Á volta paramos no mosterio de Santo Toribio de Liébana a facer unha visita.

lunes, 14 de mayo de 2018

Saída a Cantabria(Potes)

Informamos que o xoves 17 de maio ás 8.00 da mañá sairemos  hacia Cantabria, Pontes.
Faremos unha primeira parada e ruta por Asturias na zona de Cudillero sobre uns 10 kms.
Máis información de camiño.