martes, 24 de marzo de 2015

Ruta por Verducido(Xeve)

O domingo 12 de abril partiremos ás 8.30 da mañá desde a igrexa parroquial de Vilagarcía ata Verducido para realizar unha andaina polas montañas preto de Pontevedra, unha ruta cercana.
Dificultade: moderada
Percorrido: 13 kms
Prezo: 25 euros por persoa, con bus e comida.
Teremos que partir xa almorzados pois os arredores do comezo da ruta no ten lugar apropiado.
Esta ruta está planificada para tempada sen choivas polo que se nos días previos chovese teríamos que cambiar e realizar outra ruta.

viernes, 20 de marzo de 2015

Serra da Arga







Este recorrido chamado o "sendeiro de Chá Grande" comeza na Igrexa de Arga de Abaixo, para chegar alí subiunos  o bus pola unha estrada na que fomos vendo a  serra de Arga e ao val de Cha Grande cunhas vistas panorámicas estupendas. 
Empezamos a ruta en Arga de Abaixo, cruzamos o pobo entre casas, hórreos e prados e cultivos en terrazas para aproveitar o desnivel do terreo, fomos ascendendo primeiro por sendeiro e logo por un antigo camiño empedrado de carros que deixaron as pegadas no chan.  O espetáculo é a cantidade de masa granítica, pedras e pedras, montañas de pedras en distintas formas e proporcións, así chegarmos arriba,  unha zona máis aberta  con  pista para acceder os aeroxeneradores que instalaron na parte máis alta da serra(700m.), desde aquí comtemplamos todo o val e incluso a costa con Camiña ao lonxe; seguimos o noso recorrido e paramos un pouco no Alto da Fonte da Urze, onde nace o río Áncora e dende se contempla os prados nos que pasta o gando libremente, cabalos, ovellas ...a partir daquí imos baixando serpenteando por un camiño de laxas e rochas,  chegamos aos muíños de Covao e atravesamos Gándara e seguimos ata outra vez entrar en Arga de Cima por diante da fonte Salgueiriña. Unha ruta maravillosa para os que lle gusta a montaña acompañada dun día estupendo. Ao rematar volvemos e pasamos a tarde en Camiña.

miércoles, 4 de marzo de 2015

Ruta na serra de Arga (Caminha)

O próximo domingo 22 de marzo ás 8.00 da mañá partiremos cara  Portugal para facer unha ruta pola zona de Camiña na serra de Arga.
Percorrido: 12 kms
Dificultade: media
Prezo: 25 euros por persoa por bus e comida.
Está por determinar a percorrido concreto que faremos, dependendo do tempo e do estado dos camiños. Pero aquí tendes información....
SERRA DE ARGA