lunes, 8 de octubre de 2012

Ponteceso: río Anllóns







Un río, o Anllón, e un percorrido preciosos.
Empezamos a saída desde Verdes(Coristanco), aldea na que nos deixou o autobús; mestras nos acercabamos ao muíños de Verdes, hoxe tamén área recreativa, un arco da vella esplendoroso  dounos a benvida.
O lugar, a zona de Verdes, realmente é ben bonito, un espazo marcado polo río, a pedra e o musgo, alí o noso guía, de Ponteceso, explicounos o valor do entorno e guiounos e axudounos durante todo o camiño ata a área recreativa de Garga, na que rematamos, desde aquí grazas.
Collemos camiño e marchamos pola marxe esquerda do Anllóns ata a ponte de Pontedona, concello de Pônteceso, na que cambiamos e xa fomos avanzando pola beria dereita. En case todo o traiecto destaca o fondoso do bosque da ribeira do río, que conserva non só o espazo, o río, senón tamén ese ambiente de recollemento; certo é que tamén hai noutras partes nas que a man do home aparece... nas plantacións de millo, nas minicentrais que obrigan ao baixar lento da auga, sorprendeu sobre todo a alfombra verde creada polas algas, pouco antes de chegar a minicentral de Corcoesto. Quizás por isto este río e tan cambiente, ás veces rápido outras lento e profundo..
Choveunos de forma intermitente ao largo do recorrido é fixo que o solo estivese máis perigoso. A ruta é  fácil, pero  require de maior mantemento, máis pasarelas sobre os regatos, amplirar algunhas sendas e restarlles inclinación, aínda así foi un percorrido fermoso, tranquilizador, que nos recorda que Galicia segue sendo a terra dos mil ríos, da auga...


No hay comentarios:

Publicar un comentario