lunes, 28 de marzo de 2011

Lago de Sanabria

Esta saída é de dous días, saímos o sábado 9 de abril ás 15.00 h.desde a igrexa parroquial e volvemos o domingo 10 pola tarde.

A estancia será nun albergue xuvenil, non fai falla levar saco de durmir coma noutros tipos de albergues. Nel faremos a cea, o almorzo e o xantar.

A ruta está por determinar, decidirémola estando alí porque hai varias posibilidades, pero será como as que facemos habitualmente en extensión e dificultade.

O coste desta saída é de 40 euros por persoa, porque comprenden o transporte, a durmida, e a cea-almorzo-xantar.


O Parque do Lago de Sanabria ocupa unha extensión 22.365 hactáreas, nel encóntrase o lago de orixe glacial máis grande da península xunto con outras lagoas dispersas polas montañas e os cañóns feitos pola erosión glacial da era cuaternaria ademáis dunha frondosa e variada vexetación, de ferbenzas e regatos que recorren esta zona.

O río Tea constitúe o principal sistema hídrico que da entrada e saída ao lago, na súa conca existen seis encoros.

Os concellos que comprenden o Parque son Galende, Cobreros,Trefacio e Porto.

Ten un ecosistema propio límite entre a zona húmida e temprada o que lle fai ter unha grande riqueza na súa fauna e flora, composta por lobos, corzos, águias reais, gato montés, nutrias, truchas etc ..e bosques poblados de castaños, chopos, acivros, texos etc..

Un lugar ideal para perderse nun par de días, invitámosvos a que vos anotedes.

domingo, 27 de marzo de 2011

Pazos de Borbén







Unha saída que cumpriu con todas as expectativas.

A ruta partiu da aldea de Xunqueiras, que travesamos conteplando algunhas das fermosas casas antigas, dos coidados prados, das ribeiras dos camiños bordeadas de herbas e floriñas silvestres propias da primavera e do bo tempo que disfrutamos ese día.

Así é como fomos adentrándonos no monte camiñando por sendas ramatadas por eses balados de pedra pequena cuberta de musgo e verdello, adentrándonos por camiños de pedras marcadas polas huellas dos carros e as follas caídas das carballeiras, sempre tan impresionantes.. cada vez máis fomos acercándonos as zonas máis húmidas e camiños máis enlamados ata chegar ao río Pozo Negro.A fraga no deixa de sorprender pola súa beleza, por permanecer intacta, suspendida no tempo... así rodeados por esta paisaxe atopamos un muíño cos seus apeiros de uso aínda conservados dentro e máis alá unha magnifica pontella, que permitiunos cruzar o río e ascender pola ladera onde a paisaxe cambiaba e aparecían os piñeiros, os eucliptos e zonas máis depexadas...no último tramo, subimos cada vez máis pero sen grandes problemas ata acadar o mirador do monte do Santo Aparecido que ten unhas vistas inmellorables da comarca, dos montes e do val. Lugar que foi o noso punto de reencontro e final da ruta e serviunos para recrearnos e facer a foto de grupo.

Logo veu a comida ao aire libre nunha taberna da aldea, na que dimos conta dun estupendo cocido.

Xa á volta fixemos unha parada no pazo de Soutomaior, e seu femoso xardín.

Unha ruta sencilla e tranquila que nos demostra que dispomos de femosos lugares non tan lonxe da casa, simplemente hai que saír a descobrelos.

lunes, 7 de marzo de 2011

Pazos de Borbén

Esta saída e para o domingo 20 de marzo ás 8,30 desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Percorrido: 12km.
Dificultade: media.
O concello de Pazos de Borbén está formado por oito parroquias (Nespereira, Cepeda, Amoedo, Borbén, Ermida, Pazos, Moscoso e Xunqueiras), cada unha dispón dunha beleza especial. O concello está rodeado polo municipio de Redondela , Soutomaior, Mondariz, Ponteareas, Mos e Fornelos de Montes. Ten unha gran riqueza arqueolóxica xa que en diferentes aldeas hai gravados rupestres, así as parroquias de Amoedo ou Moscoso posúen algúns sinalados e de fácil acceso e no monte Santo Aparecido está o coñecido como "Pedra das Teixiñas".
É unha comarca tranquila que intégrase na mancomunidade de Vigo, dista a 23 km desta cidade e 25 km de Pontevedra. Consta cunha paisaxe variada, rodeada por montes, o Outeiro do Mar, A Pedra Quitiña, O Pedroso, o Buxel e o Monte Galleiro o máis alto, de 670 m de altitude, que posúe unhas magníficas vista da ría de Vigo, e das concas dos ríos que descorre polas distintas parroquias así están os ríos Barragán e Pequeno no norte, e os ríos Borbén e Louro ao sur, que desebocan no Miño e no oeste o Alvedosa que faino na ría á altura de Redondela.
A paisaxe tamén está salpicada de fermosas fragas con frondosa vexetación na ribeira dos ríos, nos que quedan moitos muiños, noutras zonas hai moito piñeiral, adicado a explotación madeira e moitos núcleos de poboación con cruceiros , lavadeiros e boas casas de pedra, fruto da emigración masiva a Brasil como sucede na parroquia de Moscoso.
A capital do concello está en Pazos, onde concéntranse os servizos e atopamos tamén o xacemento arqueolóxico coñecido "Monte de Cristo", un poboado fortificado pendente de prospección. En Borbén celébrase no último domingo de agosto unha romaria no parque miradoiro do monte Santo Aparecido, con sardiñada e gaiteiros.
É unha comarca apetecible, antes adicada a gandería e agricultura que ben merece un bo paseo.
O prezo da ruta é de 22 euros.

O Pindo-Ézaro




Esta resultou ser unha ruta preciosa e sen moita dificultade.
Ao principio prometía ser difícil porque ao chegar o punto de partida, O Fieiro, aparecía as montañas, un cúmulo de pedras desnudas impresionantes, por onde debíamos subir para concluir na parte máis alta, "A Moa", o que supuxo un ascenso de 300 metros, dende a aba ata o pico que dista a 627 de altitude.
Pero o camiño, labrado na terra entre rochas levouse con calma o que deu tempo a contemplar a espetacular paisaxe, cada vez máis pura e agreste segundo ascendiamos, estabamos reodeado de esculturas vivas formadas polo tempo e a climatoloxía: as rochas o musgo, os piñeiros e os surcos que deixa a chuvia e a auga no chan. As vistas eran cada vez máis marabillosas, víase ao lonxe os prados, o río Ézaro e o encoro de Santa Lucía, moito máis arriba tamén a preciosa praia de Carnota e ao chegar o cume ...dunha ollada contemplabase o mar aberto, as costas con todos os pobos ata distinguir ao fondo, moi adentrado na calima, o faro de Fisterra.
A baixada foi como rebañar un prato exquisito porque desta vez todo o víamos de frente sen ter que rebirarnos para ver a beleza do terreo. Ao chegar ao punto de partida collemos unha pista pola que pasamos por riba da presa do encoro e así miramos de cerca o curso do río seco, esperando que deixen escapar a auga con naturalidade, unha vista certamente angustiosa..para concluir a ruta chegamos ao mirador sito nun lado da fervenza, dende onde apreciabamos o pobo e a praia de Pindo e as aldeas do redor.
Unha ruta magnífica acompañada dun tempo estupendo.