viernes, 13 de mayo de 2016

Saída a Somiedo

As saídas con varias rutas e de varios días sempre teñen un aquel especial, sobre todo cando se miran a través de recordo ou pasados uns días;  pese ás horas de bus merecen a pena porque Asturias ademais é un lugar magnifico que nos pide regresar de vez en cando, e a ruta aos lagos de Saliencias era unha débeda pendente outra anterior na que o tempo impediunos subir ata alí.
O certo é que tivemos un tempo estupendo, a ruta de Desfiladero da Xanas, xa era coñecido para moitos de nós, pero é a un lugar tan espectacular non importa volver. Seguen impresionando os camiños feitos nas paredes da roca, como estes van ascendendo pouco a pouco sen grandes pendentes, o que fai que se poida disfrutar das vistas hacia arriba, asombrándonos cos picos e paredes de granito, das aves voando na punta, e tamén cada vez que mirabamos para abaixo, onde se distinguía as veces o río e outras se adiviñaba polo son da auga. Todo un espectáculo que vai cambiando de paisaxe, das cores das vetas e formas das rochas para ir transformándose un bosque forondoso  de árbores ata chegar a aldea no que despexa e  o primeiro que atopamos é un precioso herbal rodeados de montañas e a silueta a igrexa e detrás o pobo. Alí ao amparo da igrexa dimos conta do xantar para logo achegarnos o pobo que e pequeno e pintoresco, cheo de xente que sube ata alí para dar conta á "mellor fada do mundo". Despois do cafelito, noso pasos leváronos por onde viñemos é así volver a contemplar estes preciosos lugares.
O camiño no bus ata Pola de Somiedo foi impresionante, segundo íamos acercando a Somiedo a estrada estreitabase máis e íamos entre canóns, tremendas paredes de rocas, non deixa de sorprender esta inxeniería.
Chegamos a Somiedo, pobo xa visitado e instalámonos nos hoteis, dounos tempo a pasear un pouco e tomar algunha sidrina antes da cea.
Ao día seguinte tralo almorzo subimos ao alto de A Farrapona, o bus foi percorrendo uns 21 km desde Pola ata chegar a 1708m, altitude do Alto da Farrapona que pertece a provincia de León. Fomos contemplando polo camiño que foi lento, pola subida, todo o val do río Saliencia, e regatos que baixaban polos praderíos onde as vacas pastaban soltas, unha estampa bucólica salpicado con casas con tellado de palla, brañas e as montaña imponentes de fondo cos picos nevados.
Ao chegar arriba, estaba bo día, claro cun sol estupendo pero con neve que conservaba unha boa altura por zona, que decir...disfrutamos como miniños xogando un pouco coa neve antes de empezar a andar.
 Unha percorrido maravilloso, coas montañas, as cores da terra, ferruxinosa, por vetas do ferro,no entorno ao lago de L Cueva, onde había resto da antiga explotación minera Sta Rita,, rodeamos este lago , fomos ascendendo e contemplamos o impresionante lago Calabazosa ou Lago Negro, mais profundo e escuro, continuamos o noso camiño e chegamos a braña onde atopamos o lago Cerveririz, no que se refleía os picos nevados, así fomos camiñando e baixamos pola outra aba das montañas entre o gando, e pola senda que chega ao pobo Valle del Lago, onde comimos maravillosamente, de aí despois de xantar collemos camiño de volta; uns andando ata Pola de Somiedo, outros no bus.
O últmo día cambiamos a ruta porque o bus era demasiado grande para acercarnos a ruta que tiñamos programada, finalmente realizamos unha ruta moi cerca de Pola, xa fomos andando, a do El Castro, un percorrido ascendente de 4km, en total ida e volta sobre un 10kms.
Creo que todos quedamos encantados con esta saída e tanta beleza.













No hay comentarios:

Publicar un comentario