martes, 3 de mayo de 2016

Lires-Muxía

Iniciamos a ruta desde Lires como tiñamos previsto, onde almorzamos e de onde partimos  seguindo as sinais do Camiño de Santiago, pero nos  fixemos ao revés estes 15 kms que chegan a Muxía.
A ruta foi fácil e cómoda cun día estupendo para camiñar, ao principio en Lires víamos ao mar ao fondo, pero en realidade esta senda descorre polo interior, pola Galicia rural, chea de prados para o gando e hórreos de pedra sen argamasa, toda unha obra de cantería. 
O Camiño  pasa polas aldeas de Frixe, Guisamonde, Morquintián, Facho do Lourido, Xurarantes e finalmente Muxía por pistas e camiños forestais: Dicir que estaba moi concurrido, pois atopamos moitos peregrinos. O desnivel máis elevado foi subindo o Facho de Lourido, sen embargo as pendentes foron suaves e ben levadas. 
A parte máis bonita e esperada da ruta foi ao chegar ao mar, cerca de Muxía, aínda que a construcción dun parador neste espazo natural e con esa praia maravillosa  desvirtúa un lugar tan paradisíaco. Seguindo pola costa que está dividida en pequenas parcelas separadas por muretes de pedra,moitas  con froito da horta.  Pronto acercámonos a Muxía, na que atopamos un secadoiro de congrios dos poucos que quedan en funcionamento, unha verdadera maravilla, un espectáculo fascinante no que os corpos abertos dos peixes parecía teas movidas polo vento.
Continuamos polo paseo marítimo deixando atrás este pobo, que podía ser tan pintoresco polo exposto que está ao mar, pero  a ordenación e explosión urbanística estragou de maneira descontrolada.
Así rematamos a ruta no santuario da Virxen da Barca, no que fixemos unha pequena visita tras o xantar.










No hay comentarios:

Publicar un comentario