martes, 7 de mayo de 2024

Ruta da Capela de San Vicente- Monte Torroso- Castro do Pico da Bandeira( O Rosal)14/04/2024

 Confiando no bo tempo acercámonos  o domingo 14 de abril ao Rosal para facer esta  ruta  que sae de Mazán,  desde a ermida de San Vicente, xusto ao lado dos sepulcros  antropomorfos de orixe visigótica coma a capela, que debeu ser un antigo santuario romano cristianizado, de aí que se atopasen unha ara romana e tamén ten unha peculiar cruz atrevoada na cima da ermida.  

Pasamos ao lado da capela  para en subida chegar ao Alto da Portela e despois  camiñar ao Alto do monte Torroso, dous miradores naturais  da costa desde onde se alcanza a ver o monte Tegra ao fondo e a desembocadura do Miño. Fomos pasando tamén por bosques de carballos e piñeiros para volver ata o punto de inicio. 

Unha ruta circular de 11, 5 km cunhas marabillosas vistas desde o alto que  pódese facer en ámbolos dous sentidos, de feito encontramos ao un grupo de senderistas que estaban facendo esta ruta á inversa que nós.

Despois de comer no hotel restaurante Glasgow, como da outra vez que andivemos por aquí, fomos vistar Baiona e case todos fixemos un paseo polo interior do recinto do parador ou polo paseo costeiro. Un día moi agradable e sempre en boa compaña.