miércoles, 11 de mayo de 2016

Saída a Somiedo


Informamos que o domingo 15 de maio partiremos ás 8.00 da mañá desde a praza de España(igrexa parroquial) con dirección Proaza(Asturias), onde esperamos chegar sobre ás 13.00, para realizar unha ruta das dúas posibles: 
A) Ruta das Xanas, que é un desfiladero precioso, cun certo parecido á ruta do Cares.
Máis información en:

B) A Senda do Oso, unha ruta sen deniveis apena porque transcorre por unha antiga vía do tren, bonita e fácil de facer. Máis información en :

Comeremos en ruta polo que este primeiro día hai que levar cada un o seu xantar na mochila e auga.
Tras rematar as rutas tranladarémonos de Proaza a Pola de Somiedo para aloxarnos uns no hotel "Castillo del Alba"(3ª) e outros no "Palacio de Álvaro Flórez"(3ª). Posteriomente cenaremos todos xuntos no "Castillo del Alba".

O luns día 16, despois de almorzar faremos a "ruta dos Lagos de Saliencia"(14,5kms) que vai do Alto da Farrapona ao Val do Lago, onde comeremos para logo despois do xantar continuar ata Pola de Somiedo. Cearemos todos xuntos no "Castillo del Alba".
Máis información en:
Ruta Lagos de Saliencia

O mates día 17, faremos a ruta "La Peral- Villar de Vildas"(13 kms), á volta comeremos no restaurante de "Castillo del Alba" e posteriormente regresar a Vilagarcía  para chegar sobre ás 21.00.
Máis información en:
Ruta La Peral- Villar de Vildas


No hay comentarios:

Publicar un comentario