lunes, 7 de marzo de 2011

Pazos de Borbén

Esta saída e para o domingo 20 de marzo ás 8,30 desde a igrexa parroquial de Vilagarcía.
Percorrido: 12km.
Dificultade: media.
O concello de Pazos de Borbén está formado por oito parroquias (Nespereira, Cepeda, Amoedo, Borbén, Ermida, Pazos, Moscoso e Xunqueiras), cada unha dispón dunha beleza especial. O concello está rodeado polo municipio de Redondela , Soutomaior, Mondariz, Ponteareas, Mos e Fornelos de Montes. Ten unha gran riqueza arqueolóxica xa que en diferentes aldeas hai gravados rupestres, así as parroquias de Amoedo ou Moscoso posúen algúns sinalados e de fácil acceso e no monte Santo Aparecido está o coñecido como "Pedra das Teixiñas".
É unha comarca tranquila que intégrase na mancomunidade de Vigo, dista a 23 km desta cidade e 25 km de Pontevedra. Consta cunha paisaxe variada, rodeada por montes, o Outeiro do Mar, A Pedra Quitiña, O Pedroso, o Buxel e o Monte Galleiro o máis alto, de 670 m de altitude, que posúe unhas magníficas vista da ría de Vigo, e das concas dos ríos que descorre polas distintas parroquias así están os ríos Barragán e Pequeno no norte, e os ríos Borbén e Louro ao sur, que desebocan no Miño e no oeste o Alvedosa que faino na ría á altura de Redondela.
A paisaxe tamén está salpicada de fermosas fragas con frondosa vexetación na ribeira dos ríos, nos que quedan moitos muiños, noutras zonas hai moito piñeiral, adicado a explotación madeira e moitos núcleos de poboación con cruceiros , lavadeiros e boas casas de pedra, fruto da emigración masiva a Brasil como sucede na parroquia de Moscoso.
A capital do concello está en Pazos, onde concéntranse os servizos e atopamos tamén o xacemento arqueolóxico coñecido "Monte de Cristo", un poboado fortificado pendente de prospección. En Borbén celébrase no último domingo de agosto unha romaria no parque miradoiro do monte Santo Aparecido, con sardiñada e gaiteiros.
É unha comarca apetecible, antes adicada a gandería e agricultura que ben merece un bo paseo.
O prezo da ruta é de 22 euros.

1 comentario:

  1. a do pindo non temos nada que poñerlle xa que foi fermosa de verdade, e esta tamen promete asi animo e a por ela, bicos miguel

    ResponderEliminar