lunes, 7 de marzo de 2011

O Pindo-Ézaro




Esta resultou ser unha ruta preciosa e sen moita dificultade.
Ao principio prometía ser difícil porque ao chegar o punto de partida, O Fieiro, aparecía as montañas, un cúmulo de pedras desnudas impresionantes, por onde debíamos subir para concluir na parte máis alta, "A Moa", o que supuxo un ascenso de 300 metros, dende a aba ata o pico que dista a 627 de altitude.
Pero o camiño, labrado na terra entre rochas levouse con calma o que deu tempo a contemplar a espetacular paisaxe, cada vez máis pura e agreste segundo ascendiamos, estabamos reodeado de esculturas vivas formadas polo tempo e a climatoloxía: as rochas o musgo, os piñeiros e os surcos que deixa a chuvia e a auga no chan. As vistas eran cada vez máis marabillosas, víase ao lonxe os prados, o río Ézaro e o encoro de Santa Lucía, moito máis arriba tamén a preciosa praia de Carnota e ao chegar o cume ...dunha ollada contemplabase o mar aberto, as costas con todos os pobos ata distinguir ao fondo, moi adentrado na calima, o faro de Fisterra.
A baixada foi como rebañar un prato exquisito porque desta vez todo o víamos de frente sen ter que rebirarnos para ver a beleza do terreo. Ao chegar ao punto de partida collemos unha pista pola que pasamos por riba da presa do encoro e así miramos de cerca o curso do río seco, esperando que deixen escapar a auga con naturalidade, unha vista certamente angustiosa..para concluir a ruta chegamos ao mirador sito nun lado da fervenza, dende onde apreciabamos o pobo e a praia de Pindo e as aldeas do redor.
Unha ruta magnífica acompañada dun tempo estupendo.























































































































































































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario