lunes, 28 de marzo de 2011

Lago de Sanabria

Esta saída é de dous días, saímos o sábado 9 de abril ás 15.00 h.desde a igrexa parroquial e volvemos o domingo 10 pola tarde.

A estancia será nun albergue xuvenil, non fai falla levar saco de durmir coma noutros tipos de albergues. Nel faremos a cea, o almorzo e o xantar.

A ruta está por determinar, decidirémola estando alí porque hai varias posibilidades, pero será como as que facemos habitualmente en extensión e dificultade.

O coste desta saída é de 40 euros por persoa, porque comprenden o transporte, a durmida, e a cea-almorzo-xantar.


O Parque do Lago de Sanabria ocupa unha extensión 22.365 hactáreas, nel encóntrase o lago de orixe glacial máis grande da península xunto con outras lagoas dispersas polas montañas e os cañóns feitos pola erosión glacial da era cuaternaria ademáis dunha frondosa e variada vexetación, de ferbenzas e regatos que recorren esta zona.

O río Tea constitúe o principal sistema hídrico que da entrada e saída ao lago, na súa conca existen seis encoros.

Os concellos que comprenden o Parque son Galende, Cobreros,Trefacio e Porto.

Ten un ecosistema propio límite entre a zona húmida e temprada o que lle fai ter unha grande riqueza na súa fauna e flora, composta por lobos, corzos, águias reais, gato montés, nutrias, truchas etc ..e bosques poblados de castaños, chopos, acivros, texos etc..

Un lugar ideal para perderse nun par de días, invitámosvos a que vos anotedes.

3 comentarios:

  1. eso ten que ser a reoera esoeremos bo tempo e animo, o lugar e fermoso de verdade os que non o coñezan que aproveiten e comprobaran como e a verdadeira naturaleza, animo a todas/os, Encarna e miguel.

    ResponderEliminar
  2. se o tempo nos acompaña, eso e a repera, moi fermoso naturaleza pura se alguen non o coñece que non deixe de ir xa que quedara encantado, vemonos, animo a todas/os. Encarna e Miguel.

    ResponderEliminar
  3. Las de Cantabria nos animamos otra vez a hacer una ruta con vosotros.
    Tenemos muchas ganas de volver a veros y pasar un buen rato.
    Nos vemos pronto. Carmen

    ResponderEliminar